PROGRAMA

mércores 25 de abril


 

GRUPO:
PALIMOCO TEATRO
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Medea, salvaxe?
AUTOR:
CHRISTA WOLF
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Moitas son as reelaboracións que o mito experimentou nas mans dos autores clásicos, medievais e modernos, pero se hai algo que todas teñen en común sería o feito de que invariablemente a heroína debe enfrontarse con férreos dilemas e tomar decisións que resultarán fatais para o curso da súa vida e tráxicas tamén para quen a arrodea. A nosa proposta é un convite para entrar no tempo pasado cunha nova actitude, dubidar da estereotipia, evitar os prexuízos, refutar as vías inmutables e escoitar. Queremos contar a súa historia dende unha ollada diferente e actual, trazando o retrato dunha muller entre dous mundos –estranxeira aquí e acolá- que trata de afirmarse no medio da incomprensión e o receo dos habitantes da cidade onde emigrou. “Fixeron de cada un de nós o que necesitaban. De ti, o heroe e de min a muller perversa”.

ELENCO: Nate Borrajo, Paloma Lugilde, Sergio Zearreta
VÍDEO: Sabela Eiriz
NENOS VÍDEO: Diego e Miguel Seoane
CAMPO SONORO E CONCEPCIÓN DE ILUMINACIÓN: Ánxeles Cuña bóveda
FOTOS: Sabela Eiriz e Bruno Martínez
ASISTENCIA A PRODUCIÓN: Óscar Lago
IMAXES: Diego Blanco
DESEÑO CARTEL E PROGRAMA: tatata
TÉCNICOS DE LUCES E SON:Alfredo Sarille, aSaSoNLu
DRAMATURXIA: Ánxeles Cuña Bóveda

DIRECCIÓN: ÁNXELES CUÑA BÓVEDA
[<]