PROGRAMA

martes 24 de abril


 

GRUPO:
AULA DE TEATRO DE VIGO
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Paraíso

AUTORES: MARÍA ARMESTO, PAULA CARBALLEIRA, SANTIAGO CORTEGOSO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 19'00
DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Vidas que converxen con outras e cambian de dirección, que se xuntan e se separan. Desde Adán e Eva estamos condenados a entendernos, a buscar en alguén un algo que nos aplaque a ansia, que nos libere da soidade, do medo, que nos achegue á felicidade, á calma... Que nos axude a pasar coa menor sensación posible de fracaso por este “Paraíso Terreal”.

ELENCO:Antón Abal, Álvaro Bouzada, Miguel Carretero, Vanessa Glemsel, Iago L. Magdaleno, Rosa Molares, Laura Pousada, Rodrigo Rodríguez, Natalia Sías
ESCENOGRAFÍA: Teatro de Ningures
VESTIARIO: Sonia Rúa
ILUMINACIÓN: Salvador del Río

DIRECCIÓN: CASILDA ALFARO e SONIA RÚA
[<]


GRUPO:
ETM (ESPAZO DE TEATRO E MANAGEMENT)
(MARROCOS. TANGER)
ESPECTÁCULO:
El istmo

AUTOR: ILYASS BOUCHRI
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 45 MINUTOS
TARIFA: 3 €
É a fin do mundo e de toda a vida na terra. Catro persoas foron elixidas por casualidade para voltar á vida e ter unha segunda oportunidade para corrixir os seus erros, pero primeiro deben ver toda a súa vida fronte a elas. A muller quererá regresar a un mundo masculino, onde a ela sempre a trataron con desprezo e inferioridade? Espectáculo en lingua árabe con fragmentos en español (voz en off) para comprender a historia.

ELENCO:Nour El Houda Daif, Hassan Matmit, Ghita Lamri, Mouad Oufqir
TÉCNICO:
Yassine Moutie

DIRECCIÓN: ILYASS BOUCHRI
[<]