PROGRAMA

luns 23 de abril


 

GRUPO:
LA LÍQUIDA
(ANDALUCÍA)
ESPECTÁCULO:
Hambre

AUTOR: DAVID GARCÍA-INTRAGO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 90 MINUTOS
TARIFA: 5 €

HAMBRE: Música, teatro e gastronomía para encher espíritos, estómagos e conciencias… Unha divertidísima e sorprendente proposta multidisciplinar polas necesidades máis primitivas do ser humano que parte da máis famenta das novelas: El Quijote.
Aí está todo, aí está a vida, a fame e as fames que atravesan a obra cervantina sen piedade.
No Século de Ouro -e século da fame- os cómicos da legua tocaban música e contaban historias mentres o público comía e bebía durante a representación. Non cambiamos tanto. Propoñemos unha marabillosa viaxe cargada de humor para confirmar iso de que o riso é o alimento da alma e que a cultura é o único que nos pode salvar. Gocen.

ACTOR:David García-Intrago
MÚSICA EN DIRECTO: Mauricio Yamamoto
COVER MÚSICA EN DIRECTO: María Prado
LUZ E SON EN XIRA: Pedro Hofhuis
VESTIARIO: Maribel Fernández
AXUDANTE DIRECCIÓN: Pedro Hofhuis
FOTOGRAFÍA: Palen Valenzuela
PRODUCIÓN: La Líquida
DISTRIBUCIÓN: Nines Carrascal e María Mariño (Kandengue Arts)
PROXECTO EN COLABORACIÓN CON: Agencia Andaluza Instituciones Culturales. Junta de Andalucía
DIRECCIÓN: DAVID GARCÍA-INTRAGO
[<]