PROGRAMA

domingo 22 de abril


 

GRUPO:
TEATRO EL MAYAL - ULE. LEÓN
(CASTILLA Y LEÓN)
ESPECTÁCULO:
Aquí en la tierra

AUTOR: VÍCTOR M. DÍEZ
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 19'00
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Hai unha mensaxe que chega cada tanto tempo a esa periferia interior que é AQUÍ. Unha reserva onírica, un mundo estraño no que se mesturan a falta de esperanza, a rabia contida e o hedonismo. O mensaxeiro é o último fío que une dous mundos irreconciliables. Pero hai unha complicidade dos contrarios que sempre acaban pagando os inocentes.
Aquí en la tierra é unha traxicomedia do outro mundo. Unha distopía na que as xentes sen futuro dan renda solta aos seus instintos máis básicos. O espectador vai descubrindo, en clave policíaca, que se agocha baixo a aparente sensibilidade de quen mantén as tradicións, tralas bondades do bo salvaxe, na arcadia feliz das nosas orixes… Descubrilo pode ferir a nosa sensibilidade.

ELENCO:Alberto Vallejo, Andrea Soto Vargues, Belén de la Viuda, Daniel L. Ferrero, Diana Greño Trigueros, Lorena de Paz Carbajo, Luís Martínez Campo, Manuel AO, Teresa G. Álvarez
DRAMATURXIA: Javier R. de la Varga, en colaboración co autor
MÚSICA: Diana Greño Trigueros e Luis Martínez Campo
ESPAZO SONORO:
Daniel Spencer e Teatro El Mayal
VESTIARIO: Rakel Álvaro e Susana González
ESPAZO ESCÉNICO: Teatro El Mayal
ILUMINACIÓN: Javier R. de la Varga
FOTOGRAFÍA:
juanluisgx
IMAXE GRÁFICA: Luis Soto
TÉCNICO DE SON: Daniel Cascón Mielgo
TÉCNICO DE ILUMINACIÓN: Javier R. de la Varga
PRODUCIÓN: Teatro El Mayal - Área de Actividades Culturales. Universidad de León

DIRECCIÓN: JAVIER R. DE LA VARGA
[<]


GRUPO:
TEATRO ART'IMAGEM
(PORTUGAL. PORTO)
ESPECTÁCULO:
Um punhado de terra

AUTOR: PEDRO EIRAS
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 € (AFORO REDUCIDO)

Um Punhado de Terra conta a historia de un negro traído de África para Portugal como escravo e describe, en primeira persoa, como chegaron á súa aldea os homes brancos e destruíron os seus bens, mataron á súa muller e fillos e aos seus veciños, trouxérono como gando nun barco, vendérono e escravizárono, retirándolle todos os dereitos dun ser humano. Unha testemuña acre, escrita e representada nunha linguaxe poética que mestura imaxes poderosas nun portugués precozmente aprendido ao son do látego e dos traballos forzados, coa visión inocente e non comprendida do mundo civilizado, maldecindo a todos os que lle fixeron mal e que só ten para lle ofrecer, se quere continuar a ser un home, un puñado de terra para se libertar...

ACTOR:Flavio Hamilton
LUZ:
Pedro Carvalho

DIRECCIÓN:JOSÉ LEITÃO
[<]