PROGRAMA

sábado 21 de abril


 

GRUPO:
LA RED TEATRO (EUSKADI)
ESPECTÁCULO:

El oxímoron de la abuela

AUTOR: JOSÉ LUIS GONZÁLEZ BLANCO
LUGAR: CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
HORA: 19'00
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 3 €

A avoa decidiu gardar as pasaxes tráxicas da súa vida na habitación hermética do silencio. Pero o silencio fala; non cala; ten fisuras polas que se derraman palabras e esbozos de lembranzas. Son anacos cos que se poden construír historias. Deste xeito, a través dos diálogos duns netos ficticios, Javier e Laura, conseguín levar a texto teatral partes da vida de Pepe, o Tolo, que non o puido contar, e de María, A Paisana, a avoa que non o quixo contar. Unha historia máis de xentes que, a pesar da derrota e o escarnio que sofren, son quen de sacar o mellor dos seres humanos. Diso trata El oxímoron de la abuela, unha proposta para teatro que, de xeito antolladizo, se sitúa na atalaia do partido de fútbol España-Holanda, como humilde homenaxe aos derrotados da guerra civil.

 

ELENCO: Maite Lorenzo e Juanma Cano

DIRECCIÓN: LA RED TEATRO
[<]


GRUPO:
COMPAÑÍA MANOLO ALCÁNTARA (CATALUNYA)
ESPECTÁCULO:

Rudo

AUTORES:MANOLO ALCÁNTARA
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 5 €

Rudo trata sobre as persoas que conviviron coa rudeza, o esforzo físico e os retos persoais levados a un extremo absurdo. No espectáculo, un home rudo crea torres e figuras con pesadas caixas de madeira. A fraxilidade das construcións sobre as que se alza, para facer precarios equilibrios, son froitos do desexo e da ilusión.
A música en directo (violín e violonchelo) fai de lírico contrapunto ao esforzo titánico do personaxe, que rosma, súa e non decae no seu delirio.
En Rudo o espectador atópase atrapado dentro dun espazo íntimo, nunha grada que semella estar a piques de caer, coma o protagonista cos seus equilibrios. Esta proximidade coa pista convida a compartir os perigos e arelas da vida.
Íntimo, precario, arriscado e tenro.

 

ELENCO: Manolo Alcántara, Laia Rius (violín) e Maria Bou (violonchelo)
COMPOSICIÓN E DIRECCIÓN MUSICAL: Clara Peya
DIRECCIÓN TÉCNICA: Luis Nevado
ESCENOGRAFÍA: Xavier Erra
DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Luis Nevado
CONSTRUCIÓN TÍTERE: Nartxi (Txo Titelles)
VESTIARIO E CARACTERIZACIÓN: Rosa Solé
FOTOGRAFÍA: David Molina
PRODUCIÓN: Manolo Alcántara


SOPORTE PRODUCIÓN: La Destil.Leria
COPRODUCIÓN: Grec Festival de Barcelona
COLABORACIÓN: LaSala i Ca L’Estruch de Sabadell

DIRECCIÓN: MANOLO ALCÁNTARA e XAVIER ERRA
[<]