PROGRAMA

xoves 12 de abril


 

GRUPO:
ROSAURA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Sen pés nin cabeza

AUTORA: SABELA GAGO / ROSAURA
LUGAR: RÚA DO PASEO
HORA: 19’00
DURACIÓN: 55 MINUTOS
TARIFA: LIBRE

A nosa sombra acompáñanos, sabe de nós e móvese en sixilo, en perfecta sincronía. No espello: brazos e cabeza, pernas e tronco reflicten seres incompletos froito da desconexión co contorno, cos outros, co futuro incerto. Quizais sexamos manequíns en perfecta desorde. Onde está o meu pé, onde a miña cabeza?

ELENCO: Enma Rodríguez, Pablo García, Lidia Fuente, Beatriz Pérez, María González, Mª Jane Carpintero, Andrea Salgado, Conchi Pérez, Orlindes Montes, Marcos Couto, Lysse González. Alumnas e alumnos e ex - alumnas e ex - alumnos doutros niveis da Aula de Teatro Universitaria de Ourense
TÉCNICOS: José Manuel Bayón e Rubén Dobaño
DIRECCIÓN: SABELA GAGO
[<]


GRUPO:
PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS. QUICO CADAVAL
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Os inocentes

AUTOR: QUICO CADAVAL
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 90 MINUTOS
TARIFA: 5 €

Unha noite, nunha taberna desvéndase un segredo gardado 36 anos, a chegada dun sinistro forasteiro precipita a revelación. Manoel, o máis anodino dos clientes d’A Carrilana, fora o protagonista dunha historia conmovedora na guerra do 36. Ao rapaz da taberna médranlle as orellas, e sabe cousas que non debía saber aos seus anos. Ao longo das evocacións desta personaxe descubrimos unha estirpe esquecida nas guerras: Os Inocentes.

ACTOR: Quico Cadaval
ILUMINACIÓN E ESPAZO: Pepe Quintela
INDUMENTARIA: Víctor Mosqueira
DIRECCIÓN:QUICO CADAVAL
[<]