PROGRAMA

venres 28 de abril


 

ACTOR/DOCENTE:
CLOWNIC (TRICICLE)
(CATALUNYA)
ESPECTÁCULO:
Ticket

AUTORES: EDU MÉNDEZ, MARC MONTSERRAT, XEVI CASALS, GERARD DOMENECH
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 85 MINUTOS
TARIFA: 9 € - VENTA ANTICIPADA: 8 €

Un novo espectáculo de teatro xestual creado colectivamente por Eduard Méndez, Xevi Casals, Gerard Domenech, Marc Montserrat e Tricicle sen afastarse das súas orixes tanto artísticas como estéticas. Ticket é unha viaxe pola historia do cine de humor, un espectáculo de teatro de acción que toma como punto de partida as secuencias cómicas máis universais: Charles Chaplin, Marx Brothers, Keaton, Laurel & Hardy, Tati, Rowan Atkinson (Mr. Bean) e Monty Python, entre outros, para transformalas e trasladalas ao escenario reinterpretadas á maneira de Clownic. Unha sucesión de sketches trepidantes e delirantes que fusionan o cine de humor e o teatro cómico cun só obxectivo: facer rir ao público cada 10 segundos!

ELENCO: Edu Mendez, Xevi Casals e Gerard Domenech
MÚSICA: Clara Peya
REALIZACIÓN VÍDEO: Amadeo Bergés
POSTPRODUCIÓN VÍDEO: Xavier Bergés
DESEÑO ESCENOGRAFÍA: Edu Mendez e Xevi Casals
DESEÑO LUCES E SON: Joan Delshorts
VESTIARIO: Leo Quintana
ATREZZO: Lorena Cabral
VOZ EN OFF: Benjamí Conesa
PIANO: Clara Peya
BATERÍA: Eloi López
CLAQUÉ: Guillermo Alonso
PROGRAMACIÓNS: J.J.Caro
ARRANXOS NÚMERO CAMPÁS: Oriol Bioxader
ESTUDO GRAVACIÓN: Tarek Rayan
XEFE TÉCNICO: Joan Delshorts
RESPONSABLE ESCENARIO: Lorena Cabral
CONSTRUCIÓN ESCENOGRAFÍA: Taller d'Escenografia Sant Cugat
FOTOGRAFÍA E DESEÑO CARTEL: Amadeo Bergés
DISTRIBUCIÓN: Factoria d'Espectacles
COA COLABORACIÓN DE: Tricicle, Atrium Viladecans e Teatre-Auditori de Sant Cugat DIRECCIÓN: MARC MONTSERRAT
[<]


GRUPO:
AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE BURGOS (CASTILLA Y LEÓN)
ESPECTÁCULO:
¿Quién eres? ¿De dónde vienes? ¿A dónde vas?

AUTOR: JUAN LUIS SÁEZ
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 23'00
DURACIÓN: 75 MINUTOS
TARIFA: 3 € (AFORO REDUCIDO)

O conflito do ser humano en todas as súas variantes está servido no novo reto que propomos en Quen es?, de onde ves?, onde vas? Quen somos na realidade? Somos como nos ven os demais, como cremos que somos? Tamén somos o que ocultamos, o que se agocha detrás dalgunha porta. Esta idea levounos a traballar con distintos textos dramáticos breves, que vistos en conxunto fannos reflexionar sobre a nosa condición humana. Sobre a nosa vida pública e privada, amosándonos un fresco da sociedade actual na que desenvolvemos a nosa existencia. A vida representada das persoas enfrontada á súa realidade íntima.

ELENCO: John Halnan, Paula Fernández, Alicia de la Peña, Iván Manrique, Xiomara Puertas e Daniel García
ESCENOGRAFÍA: Taller da Aula de Teatro da UBU
TÉCNICO DE LUZ E SON: José A. Pereda (Bisby)
DIRECCIÓN: JUAN LUIS SÁEZ
[<]