PROGRAMA

mércores 26 de abril


 

GRUPO:
AL SALAM GROUP OF MODERN ART
(IRAK / HOLANDA / SUECIA)
ESPECTÁCULO:
Children of war
AUTORES:
LUTFIA ALDULIMI, SALAM ABBOUD, QASSEM FANJAN, SALMAN D. MOHAMED, ALI REYSAN
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30

DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Un iraquí sae das paredes da antiga Babilonia para tentar expresar a súa tristura por todo o que o seu pobo sufriu desde aqueles tempos e ata a invasión de 2003, e para delatar aos invasores, ditadores, traidores e todos aqueles que participaron nesa destrución. Un home, un neno, un ser de Irak que non coñeceu máis que os pesadelos da inxustiza e as guerras, pero, a pesar diso, segue empeñado en manter a súa dignidade, a súa identidade, a súa humanidade, o seu soño e a súa esperanza en poder lograr unha vida e un mundo máis tranquilos e máis humanos, un mundo de paz e de amor. O texto é unha selección de versos de varios poetas iraquíes.

ACTOR: Ali Reysan
MÚSICA: Khallid Alrubaie
LUZ: Nima Youssef
EFECTOS: Yusra Zankan
CARTEL: Mehdi Shawi
DESEÑO: Elias Abed
DIRECCIÓN: ALI REYSAN
[<]


CHARLA SOBRE IRAK TRALA FUNCIÓN

A cargo de Muhsin Al-Ramli (Irak). Escritor, poeta, tradutor, hispanista e académico. Licenciado en Filoloxía española pola Universidade de Bagdad. Doctorado en Filosofía e Letras, Filoloxía española. Un dos máis importantes novelistas e dramaturgos de Irak, tradutor de varios clásicos españois ao árabe.
[<]