PROGRAMA

sábado 22 de abril


 

GRUPO:
TECU TEATRO (LA RIOJA)
ESPECTÁCULO:
Todo es farsa en este mundo

AUTOR:DRAMATURXIA DE JESÚS MURILLO DA OBRA DE BRETÓN DE LOS HERREROS
LUGAR: CAMPUS (SALA PARDO BAZÁN)
HORA: 19'00
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Madrid, primeiro tercio do século XX. Mentres a gran actriz Vicenta Muñoz continúa triunfando nos escenarios coa súa compañía de comedias, na vida real afánase por conseguir que a súa sobriña Pilar non se someta aos matrimonios de conveniencia que lle procura don Rufo, o seu pai, un funcionario arruinado que agarda por un golpe de sorte que mellore a súa situación económica.

 

ELENCO: Chus Montoya, Silvia Sagaseta de Ilurdoz / Irene Aramendía, Jesús Dómínguez, Héctor Duro, Álvaro Coterón

ESPAZO ESCÉNICO: Tres Tristes Tigres, TECU

VESTIARIO E ESCENOGRAFÍA: Diana Cristóbal

DIRECCIÓN: JAVIER PENA
[<]


GRUPO:
AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Cousas que trouxo a chuvia
AUTOR: ROBERTO SALGUEIRO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 54 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Había unha vez, hai moitos anos, unha meniña que xogaba coa terra na eira da casa facendo pasteis. No verán corría por campos infinitos de lavanda e polo inverno maquillaba as meixelas con fariña. Había tamén unha casa na estepa, campos de centeo e trigo e camiños pisados por carros. Había un papá que voaba por riba do horizonte, unha nai que amasaba, a profesora de ballet –que sempre andaba seria– e unha fábrica onde se traballaba ata que se poñía o sol. Despois a meniña medrou. E un día, por sorpresa, gastáronlle o corazón. E todo o que aquí se conta ocorreu, de xeito inesperado, nunha abafante tarde de verán en que o ceo rompeu a chover.

 

ELENCO: Julia Ammerman, Laura Pouso, Alba López, Carmen Tomás

ASISTENTE DE DIRECCIÓN: Miguel Gendre

ESPAZO ESCÉNICO, VESTIARIO E ILUMINACIÓN: Roberto Salgueiro

DIRECCIÓN: ROBERTO SALGUEIRO
[<]


GRUPO:
UEX DANCE PROJECT. AULA DE DANZA DE LA UEX (EXTREMADURA)
ESPECTÁCULO:
Memoria líquida
AUTOR: PABLO MOLERO
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 23'00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Espectáculo de danza-teatro composto polas seguintes obras: The next place: Cando queremos representar o pasado de xeito literal empregando a memoria, esta pode orixinar moitos erros e pode distorsionar o que ocorreu. Faldas: O feminino entendido desde a subxectividade das intérpretes. Un proceso de auto-descubrimento. Memoria líquida: Bailar é organizar a memoria. Traballo construído en tres áreas da memoria: os coñecementos, as habilidades e os sentimentos.

 

ELENCO: Diana Amado, Miriam Delicado, Danielle Mesquita, Carmen Rebollo, Adrián González, Álvaro Murillo, Juan Luis León, José Manuel Fernández

COREOGRAFÍA: Pablo Molero

DESEÑO ILUMINACIÓN: Fran Cordero

TÉCNICO EN XIRA: Jesús Avís “Lehenda” PRODUCIÓN: Beatriz Morales

FOTOGRAFÍA: Nicolás Yazigi

DIRECCIÓN: PABLO MOLERO
[<]