PROGRAMA

sábado 6 de maio


 

CLAUSURA DA XXII MITEU
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’00

ENTREGA DOS PREMIOS DO XURADO E DO ESPECTADOR "CARLOS COUCEIRO E BEGOÑA MUÑOZ" DA XXII MITEU

XURADO: composto por José Mao, Patricia Figueiras, Toño Iglesias, Alicia Fraga, Marcos Vázquez

ENTREGA DE PREMIOS Á MELLOR RESOLUCIÓN TÉCNICA “SUSO DÍAZ” DA XXII MITEU
XURADO: composto polos técnicos do Auditorio e do Teatro Principal

ENTREGA DO PREMIO DA ORGANIZACIÓN DA MITEU

Premio da organización: Ao longo dos anos son moitos os traslados en autobús dos grupos universitarios. Os chóferes xogan un papel fundamental para poder recibir as montaxes teatrais e para facer dos traslados unha viaxe no canto dun desprazamento. En representación de todos eles, o premio da organización da MITEU é para Vicente Pérez, chófer que levou á Aula de Teatro Universitaria de Ourense en moitas ocasións e que fixo que chegar a sitios complicados fose doado.
[<]


GRUPO:
MARICASTAÑA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
A última cornixa do mundo

AUTOR: Dramaturxia de FERNANDO DACOSTA a partir de 'Oceano mar' de ITALO CALVINO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 95 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Pendurada da última cornixa do mundo está a pousada Almayer, lugar mítico, lugar nos lindes da existencia, onde o tempo se transforma e transforma aos seus hóspedes. Un lugar que atrae desde diversos espazos e momentos a un pintor que procura pintar o mar co mar, a unha fermosísima muller que está para sandar de desexo, un profesor que está a escribir unha enciclopedia sobre os límites da natureza, unha rapaza que quere vivir e fuxir da morte en vida e do medo, unha monxa que crea oracións únicas... A eles únese un home que le os pensamentos e que está posuído pola vinganza. Hai tres nenos que poden entrar nos soños, buscar os ollos do mar ou converterse en muller nun instante.
Todos procuran algo ou foxen dalgo. Escoitándoos escóitase a voz do mar.
Durante a súa estancia na pousada coñecerán o ventre do mar e enfrontaranse á verdade. E cando alguén ve a verdade, muda.

ELENCO: Manuel D’Angiulli, Fani González, Paco Daza, Silvia Pazo, Chelo Cortiñas, Irene Pérez, Héctor Martínez, Silvia Domínguez, María Novoa, Gael Gallego, Álex Hermida, Gonzalo Otero, Lina Errida, Conchi González
LUZ, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra
DESEÑO MUSICAL: Renata Codda Fons
CARTEL E PROGRAMA: Pablo Otero
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Marcos Vázquez
ESCENOGRAFÍA, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: FERNANDO DACOSTA
[<]


GRUPO:
KUKAI DANZA
(EUSKADI)
ESPECTÁCULO:
Oskara

AUTORES:MARCOS MORAU (IDEA), PABLO GISBERT (DRAMATURXIA)
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 23’00
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 5 €

'Oskara’ é un traballo instalativo que percorre algunhas paisaxes da cultura vasca. “Oskara” supón o encontro entre Kukai Dantza e Marcos Morau / La Veronal. É a unión entre dous universos coreográficos e dúas olladas cara a danza que navegan entre a raíz máis popular e a expresión máis vangardista. Mitos, desde a súa orixe ata a época contemporánea. Debuxa un percorrido plástico e emocional de símbolos e iconografía de forza ambigua e desconcertante que, da maneira máis absoluta, contén a historia da experiencia humana.

 

DIRECCIÓN: JON MAYA SEIN / MARCOS MORAU (COREOGRAFÍA E DIRECCIÓN DE ESCENA)

BAILARINES: Alain Maya, Eneko Gil, Ibon Huarte, Martxel Rodríguez, Urko Mitxelena


CANTANTE: Erramun Martikorena

ASISTENTE DE COREOGRAFÍA: Lorena Nogal, Marina Rodriguez

DRAMATURXIA: Pablo Gisbert

DESEÑO DE VESTIARIO: Iraia Oiartzabal


CREACIÓN MUSICAL: Xabier Erkizia, Pablo Gisbert

EQUIPO TÉCNICO: Angel Agüero, David Bernués

PRODUCIÓN: Nagore Martinez

DISTRIBUCIÓN: Doltza Oararteta
[<]