PROGRAMA

venres 22


 

GRUPO:
TEATRO DO MORCEGO
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Nosa Señora das nubes
AUTOR: ARÍSTIDES VARGAS (Adaptación de CELSO PARADA)
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 20'30
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 5 €

Encontro de dous personaxes expatriados nun espazo e tempo indeterminado. Por medio de lembranzas confusas e memorias fragmentadas os personaxes buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a afastada Nosa señora das nubes. Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras, o exilio e o desarraigo tan presentes no noso tempo.

ELENCO: Josi Lage, Celso Parada, Mundo Villalustre, Pablo Costas (interpretación musical)
AUTOR: Arístides Vargas
ESCENOGRAFÍA: Carlos Alonso
SON: Pablo Costas
ILUMINACIÓN: David Deive
VESTIARIO: Carlos Alonso
MÚSICA: Pablo Costas
DIRECCIÓN: Celso Parada
[<]


GRUPO:
A BANDA DA FACTORÍA DE SUBSISTENCIA
(GALICIA)
CONCERTO:
Cerca da túa orella

LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 23'00
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 5 €

Presentación de A BANDA DA FACTORÍA DE SUBSITENCIA dándolle forma aos temas do seu primeiro traballo discográfico, CERCA DA TÚA ORELLA.

FORMACIÓN: José Lameiras (batería), Mon Orencio (guitarra, baixo, trompeta), Sabela Dacal (acordeón, piano, coros), Josito Porto (guitarra, voz). Coa presenza, como Mestre de Cerimonias, de VITUCO NEIRA (RuxeRuxe)
[<]


GRUPO:
TRES PESOS (GALICIA)
CONCERTO:
Acta fundacional
LUGAR: CAFÉ AURIENSE
HORA: 1’00
DURACIÓN:60 MINUTOS
TARIFA: CONSUMICIÓN

Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño, música de raíz, música de hoxe, música entrañable.

FORMACIÓN: Felisa Segade (Leilía), Estevo Lamas (Limagoia) e José Antonio Ferreira ‘Pepe de Calo’ (Ke foi)
[<]