PROGRAMA

luns 18


 

GRUPO:
TRISKEL ARTES ESCÉNICAS / NORDISK TEATERLABORATORIUM [ODIN TEATRET]
(CHILE / DINAMARCA)
DEMOSTRACIÓN DE TRABALLO:
De Amagaki a Shibugaki, geografía de un aprendizaje
AUTORA: CAROLINA PIZARRO e JULIA VARLEY
LUGAR: CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
HORA: 18'00
DURACIÓN: 60 MINUTOS (máis 15 minutos de preguntas dos espectadores)
TARIFA: 5 €

Unha bitácora viva, que danza entre o teórico e o práctico, o técnico e o creativo, o mental e o vivencial. Unha actriz que danza e constrúe no risco da busca, que ofrece un corpo que persevera no xogo das accións físicas e vocais, da improvisación e da composición. Un corpo que se revela a través do que recibíu de distintos mestres e mestras colocando ao espectador no mesmo centro das fendas, esforzos, incertidumes e descubrimentos coa fin de compartir con el os percorridos dunha actriz na construción dun espectáculo.
As demostracións de traballo son unha plataforma creada polo Odin Teatret en 1980 para compartir cun público más amplo as súas propostas, estratexias e métodos de entrenamento desenvolvidos durante anos. Neste caso Carolina Pizarro, baixo a dirección de Julia Varley, comparte a súa investigación sobre o traspaso de experiencia e a autonomía do intérprete escénico, explicando en escena a procura por desenvolver a súa propia linguaxe escénica, atravesada pola súa visión política-social segundo as súas orixes e a realidade que a rodea, polas interrogantes, consistencias e posibilidades que atopou nas súas viaxes buscando aos seus mestres.

ACTRIZ: Carolina Pizarro

ASISTENCIA TÉCNICA: Luis Alonso
DIRECCIÓN: Julia Varley
[<]


GRUPO:
GRUPO DE TEATRO U.C.
(CANTABRIA)
ESPECTÁCULO:
La cantante calva
AUTOR: EUGÈNE IONESCO
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 20’30
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Surrealista no seu aspecto visual e verbal, ‘A cantante calva’, estreada en 1950, é unha especie de broma xuvenil, xa que o seu propio autor confesa que a súa orixe é unha burla dun método de aprendizaxe de idiomas para estranxeiros. Aínda que foi escrita hai máis de medio século, é unha obra de grande actualidade. Presentada coma un ataque á pequena burguesía universal, á súa alienación e perda de identidade, á incomunicación, amósanos a vida cotiá sen contido, as falsas aparencias, a sensación de inmobilidade no tempo que nos anguria, a falta de relación entre os seres humanos. Ao final da peza os personaxes son unicamente capaces de balbucir palabras sen sentido e esa incapacidade para a comunicación amósase a través da súa descomposición máis absoluta nunha especie de danza da morte.

ELENCO: Tobías Lobera, Cecilia Revuelta, Sergio V. García, María Requejo, Sara Martínez, Olivia Matas
ILUMINACIÓN: Víctor Lorenzo
TÉCNICO: Pancho Villar
VESTIARIO: Grupo de Teatro UC
ATREZZO E MOBILIARIO: Fernando Madrazo e Grupo de Teatro UC
ESCENOGRAFÍA: José Helguera
DIRECCIÓN: Rita Cofiño
[<]