PROGRAMA

domingo 17


 

GRUPO:
GEPPETTO. AULA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Aladino e a lámpada marabillosa cruzan fronteiras

AUTORA: Dramaturxia de ELENA SEIJO a partir de Aladino
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 19'00
DURACIÓN: 50 MINUTOS. INFANTIL. RECOMENDADA MAIORES DE 4 ANOS
TARIFA: 3 €

Aladino é un neno que vive coa súa nai e rodeado da xente que quere. Vive nun lugar onde a guerra é devastadora, así que un día deciden marchar a outro país. Percorren un longo camiño para cruzar a fronteira e ao chegar alí Aladino é reclutado por un mago malvado para que lle consiga unha lámpada dunha cova cercana.
A partir dese momento tanto Aladino como a súa xente veranse inmersos nunha aventura única na que todos terán que colaborar e coidarse para conseguir o que realmente desexan.

ELENCO: Hector Martínez, Sonia Ferro, María Novoa, Carolina Corea, Amada Saa, Carlos Quintas, Manuela Casal, Elisa Maneiro, Noemí Guerrero, Tito Escudero

COLABORACIÓN ESPECIAL MERCADERES: Carmen Aranda, Marisol Delgado

DESEÑO DE SON: Rubén Dobaño
DESEÑO DE LUZ: José Manuel Bayón
TÉCNICOS DE MONTAXE: José Manuel Bayón e Rubén Dobaño
VESTIARIO: Geppetto e Sarabela Teatro
ESPAZO ESCÉNICO: Sarabela Teatro e Elena Seijo:

DIRECCIÓN: Elena Seijo
[<]


GRUPO:
AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE BURGOS (CASTILLA Y LEÓN) con Contra el progreso
AUTOR: ESTEVE SOLER
LUGAR: CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
HORA: 20'30
DURACIÓN: 65 MINUTOS
TARIFA: 3 € (AFORO LIMITADO)

‘Contra el progreso’ é un conxunto de sete pequenas obras que misturan a sátira e o esperpento, o estraño e o próximo. ‘As escenas van sucedendo coma nun conto de fadas. Simples, estrañas, memorables...’ Todo iso cociñado con moi mala uva, entre o humor e a morte, a ironía e o humor que emana ao furgar nas vísceras da nosa enferma sociedade superdesenvolta, progresista e democrática.
Son sete pequenas historias cun forte carácter satírico, onde os espellos deformantes do esperpento amósannos uns refrexos da nosa realidade que nos degradan á categoría de títeres. Estamos vivindo o ‘Grand Guignol’, un refrexo da monstrosidade do noso tempo entre o riso e o drama.

 

ELENCO: Carlos Baragaño, Celia Díaz, John Halnan, Carla Martín, Alicia de la Peña, José Luis Venegas, Iván Manrique, Paula Gutiérrez e Daniel García.

TÉCNICO: José A. Pereda (Bisby)
DIRECCIÓN: JUAN LUIS SÁEZ
[<]