PROGRAMA

sábado 16


 

GRUPO:
TEUC (COIMBRA. PORTUGAL)
ESPECTÁCULO:
A constante macabra
AUTOR: TEUC
LUGAR:CAMPUS . SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
HORA: 19'00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €

‘A constante macabra’ é unha crónica anecdótica sobre a educación.
Os anos pasan e a constante mantense... Continuamos a educar/formar operarios, cincentos e consumidores golosos e desavisados no canto de cidadáns libres e intervintes. Neste espectáculo construído e preñado de voces, quixemos cuestionar este sistema e as súas consecuencias... macabras. Macabro porque continúa a perder a moitos polo camiño, a impedir soños de gañar ás, a crianzas de gañar voz e a adultos de conquistar autonomía e confianza. Quixemos reflectir e cuestionar ata que punto este sistema educativo, a pesar de ser mudado, remexido e trocado esencialmente, non muda e non gaña cor, non lle salta o pó do tempo...
Investigamos perplexidades e curiosidades, recreando observacións e conclusións a través dunha linguaxe corporal, capaz de traspor a realidade, de ‘falar’ máis forte e creativamente e con máis ‘concreción’ e poesía das dinámicas que habitan este enorme tema, que é a educación.

 

ELENCO:Bárbara Pereira, Carina Fernandes, Inês Lopes, João Nemo, Matilde Simões
DIRECCIÓN VOCAL: Maria João Serrão
MÚSICA EN DIRECTO: Gonçalo Parreirão e Tiago Vaz
DESEÑO DE LUZ: Vera Silva
SON: Ricardo Neiva
EQUIPA TÉCNICA: Frederico Nunes, João Leitão, Marta Rangel, Tiago Dinis, Vera Silva
TEXTOS: André Antibi, Bárbara Pereira, Carina Fernandes, Carlos Neto, Guerra Junqueiro, Inês Lopes, João Nemo, Ken Robinson, Matilde Simões, Trevor Nunn (a partir de T.S. Eliot), W. B. Yeats.
MÚSICA: Andrew Lloyd Webber, Gonçalo Parreirão, Nina Simone, Ricardo Neiva, Roger Waters, Tiago Vaz
DESEÑO GRÁFICO: Inês Lopes, João Nemo
MAQUILLAXE: Fábio Borges, Matilde Bernardo
PRODUCIÓN: TEUC 2016
DIRECCIÓN: Catarina Santana e Marta Campos
[<]


GRUPO:
NADIA / LA CONQUESTA DEL POL SUD (AFGANISTÁN / CATALUNYA)
ESPECTÁCULO:
Nadia
AUTORES: NADIA GHULAM e CARLES FERNÁNDEZ GIUA
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 20'30
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 5 €

Nadia naceu hai 31 anos en Kabul no seo dunha familia de clase media. Os seus pais, el funcionario e ela ama de casa, tiveron cinco fillos: catro nenas e un neno.
Vivíu a súa infancia nun país que sufría unha guerra desde 1978. Trala retirada das tropas soviéticas estourou a guerra civil afgana. As hostilidades recruaron en Kabul e chegou o día en que unha bomba cambiou a vida de Nadia Ghulam e a súa familia para sempre. En 1996, o Movemento Talibán tomou o poder do país e impuxo a interpretación radical das leis relixiosas provocando unha regresión de séculos no país.
Nadia tiña 8 anos cando aquela bomba a feríu gravemente. Pero resistíu. Grazas a perseveranza da súa nai puido lidar co sufrimento, asumíu as secuelas e logrou sobre-vivir.
A historia de Nadia xerou o libro ‘O segredo do meu turbante’ e inspirou a película ‘Osama’.


NO ESCENARIO: Nadia Ghulam
DESEÑO DE ESPAZO E VÍDEO: Eugenio Szwarcer
DESEÑO DE SON: Damien Bazin
DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Luis Martí
AXUDANTE DE DIRECCIÓN E PRODUCIÓN: Sílvia Dotti
DIRECCIÓN: Carles Fernández Giua
[<]


GRUPO:
CORDELIA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 2) (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Sen rede
AUTORA: FINA CALLEJA, a partir de varios autores
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 23'00
DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Sempre hai alguén que cre,  que mirándonos coma se estivese nun soño, cre nas nosas historias e déixase levar e séguenos, e ponse o traxe do ‘outro’; e acepta comprender e ocupa o lugar do ‘outro’, do que nos abandonou e cre que lle chegou o día do éxito.
Botamos man de autores como Jean Luc Lagarce, Sanchis Sinesterra ou Benet i Jornet, para falar do teatro, da relación co público, do mundo, da humanidade.


ELENCO: Guillermo Garrido, Gael Gallego, Francesc de Gallego, María del Carmen Montero, Silvia Domínguez, Anxo Outomuro, Iván Iglesias, Laura Salgado, Miguel García, María Nóvoa, Conchi González, Érika Fernández, Tatiana González, Nerea Rodríguez, Rosa María Fernández ‘Vieira’, Severino David Hermida

ILUMINACIÓN: José Manuel Bayón
SON: Rubén Dobaño
SOPORTE MUSICAL: Renata Codda Fons
ESPAZO: Fina Calleja
DIRECCIÓN: Fina Calleja
[<]