PROGRAMA

sábado 30


 

CLAUSURA DA XXI MITEU
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’00

ENTREGA DOS PREMIOS DO XURADO E DO ESPECTADOR "CARLOS COUCEIRO E BEGOÑA MUÑOZ" DA XXI MITEU
XURADO COMPOSTO POR: María Díaz, José María Gómez, Cristina Ponce, Carmen Goyanes, Paco Daza, Ánxeles Álvarez

ENTREGA DE PREMIOS Á MELLOR RESOLUCIÓN TÉCNICA “SUSO DÍAZ” DA XXI MITEU
XURADO: composto polos técnicos do Auditorio e do Teatro Principal

ENTREGA DO PREMIO DA ORGANIZACIÓN DA MITEU
O premio da XXI MITEU é para LUCIANO FERNÁNDEZ técnico de cultura do Concello de Narón. Con el quérese recoñecer o labor dos programadores profesionais que aman o teatro. O labor de Luciano é fundamental nun Concello exemplar en programación, implicación co teatro e ensino teatral coa escola municipal
.
[<]


 
GRUPO:
MARICASTAÑA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 3)
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Demediado

AUTOR: Dramaturxia de FERNANDO DACOSTA a partir de 'O vizconde Demediado' de ITALO CALVINO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 90 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Ás terras de Terralba chega un Doutor nun bidón. Acaba de deixar o barco do Capitán Cook. Vanio, o neno ceibe do castelo, recíbeo. Vanio contará a historia deses días en Terralba, os días nos que o Vizconde Medardo vai loitar contra os turcos e unha bala de canón párteo pola metade. A historia da vila cambiará ao seu regreso, pois a que volve é a parte mala e iso afectará sobremaneira ao propio Vanio, que sofre varios ataques do Vizconde; ao Doutor, que non poderá buscar tranquilamente fogos fatuos nos cemiterios; a Pietro, que terá que construir máquinas marabillosas pensadas para a tortura; aos hugonotes, que esqueceron os seus ritos e teñen que simulalos constantemente; aos leprosos que celebran grandes festas en Pratofungo; a Sebastiana, a nutriz; á vella Vizcondesa, criadora de paxaros; a Pamela, que sofre o amor do Vizconde; á vila e aos seus cidadáns… E cando todo parece estar baixo os designios da parte mala do Vizconde… sucede algo non previsto por ninguén. Unha fábula de Calvino que reflexiona en clave de humor sobre o ben e o mal, sobre os comportamentos humanos, sobre a opresión do poder e a solidariedade entre os cidadáns. Un xogo constante no que 41 personaxes fan transitar ao espectador pola emoción, o riso, o conto máxico e a crúa realidade. 'O Vizconde demediado', obra independente en forma e sentido, é unha das partes da triloxía de Calvino sobre os antergos do home contemporáneo. As outras dúas obras son 'O Barón rampante' (Montada no ano 2006 pola Aula de Teatro Universitaria de Ourense 'Maricastaña') e 'O Cabaleiro inexistente' (que agardamos presentar nun futuro)

ELENCO: Sandra A. C., Héctor Martínez, Silvia Pazo, Fani González, Raquel Troitiño, Marcos Vázquez, Chelo Cortiñas, Elisa Maneiro
LUZ, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra
DESEÑO MUSICAL: Renata Codda Fons
CARTEL E PROGRAMA: Pablo Otero
ESPAZO ESCÉNICO: Fernando Dacosta
DIRECCIÓN: Fernando Dacosta
[<]


GRUPO:
D'ORFEU AC / CÃO À CHUVA
(PORTUGAL)
ESPECTÁCULO:
Lullaby

AUTORES: RUI PAIXÃO e CARLOS REIS
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 23’00
DURACIÓN: 45 MINUTOS
TARIFA: 5€

Unha revelación no universo do clown en Portugal. ‘Lullaby’ é un espetáculo dinámico, coa participación directa do público, nunha ‘performance’ cómica e provocadora que abre espazo ao xogo de improvisación entre un pallaso transgresor e o espectador. Nesta aventura, partimos todos en busca do riso, da complicidade e da emoción, embarcando nun ambiente poético, alimentado pola música en directo, rumbo a un novo mundo de xogos. Despois de ser revelación no Imaginarius 2015 e Premio OFF Circada Sevilla 2015, Rui Paixão vén de ser seleccionado para o ‘Cirque du soleil’.

ELENCO: Rui Paixão (clown), Carlos Reis (músico)
DIRECCIÓN: Rui Paixão e Carlos Reis
[<]