PROGRAMA

xoves 28


 

GRUPO:
EL RAYO MISTERIOSO (ROSARIO. ARGENTINA)
ESPECTÁCULO:
El fabuloso mundo de la tía Betty
AUTOR: ALDO EL-JATIB AMATO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 5 €

‘El fabuloso mundo de la Tía Betty’ (teatro fantasmal) é a escenificación do inconsciente colectivo dunha sociedade que constrúe a súa dinámica de comportamento coa mentira, a crueldade e a morte. É unha pantasma que nos lembra, coa súa aparición, as leis físicas da natureza: que todos os feitos cometidos quedan impresos nun mecanismo de funcionamento social repetitivo, de abandono e de autodestrución.

ELENCO: María de los Ángeles Oliver, Catalina Balbi, Ada Cottu, Maywa Vargas, Sebastián Arriete, Exequiel Orteu.
PRODUCIÓN: El rayo misterioso
TÉCNICA: Yesica Pelicates
DIRECCIÓN: Aldo El-Jatib Amato
[<]


GRUPO:
GONÇALO GUERREIRO (LISBOA. PORTUGAL / GALICIA)
CONCERTO:
Fados
LUGAR:
CAFÉ AURIENSE
HORA: 24'00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: CONSUMICIÓN

Gonçalo Guerreiro presenta un concerto de fados de Lisboa. As cantigas, acompañadas á guitarra eléctrica e pedal de ‘loops’, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea, singular e sedutora. O espectador mergúllase nun universo rítmico e melódico que viaxa do humor á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á musica tradicional, sen nunca deixar de ser Fado.

CANTA OS FADOS: Gonçalo Guerreiro
[<]


GRUPO:
EL RAYO MISTERIOSO (ROSARIO. ARGENTINA)
ESPECTÁCULO (BAILE):
Tango-show
LUGAR:
CAFÉ AURIENSE
HORA: 1'15
DURACIÓN: 20/50 MINUTOS
TARIFA: CONSUMICIÓN

O grupo arxentino presenta tres coreografías de Tango-show... a partir daí virá o ensino de pasos e unha ‘milonguita’aberta a quen queira participar.

TANGO E MILONGA: El rayo misterioso
[<]