PROGRAMA

domingo 24


 

GRUPO:
GRETUA (AVEIRO. PORTUGAL)
ESPECTÁCULO:

Porta paraíso
- Trẻ bụi đời
AUTOR: BRUNO DOS REIS
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 19'00
DURACIÓN: 100 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Mentres o país vai abrindo camiño ata as lexislativas de 2015, fórmase un grupo de mozos que vive á marxe do tempo, compartindo apenas a ferida común da exclusión á que foron lanzados, ou á cal prefiren lanzarse. Non son mártires, nin santos, nin tampouco heroes: son covardes cunha coraxe por enriba da media. Son as ‘segundas’ dunha patada mal dada na conciencia, os fillos dunha patria que puxo as botas na maratón da historia: son os fillos do pó.

ELENCO: Andreia Silva, Bernardo Almeida, Carlos Conde, Daniela Jesus, João Pantaleão, Nuno dos Reis, Nuno Jordão, Tiago Francisco Lopes
PRODUCIÓN: GrETUA - Grupo Experimental de Teatro da Universidade de Aveir
MÚSICA ORIXINAL: Hugo Correia
SONOPLASTIA E SELECCIÓN MUSICAL: Bruno dos Reis, Inês Luzio e João Pantaleão
DESEÑO DE LUZ: Bruno dos Reis, Pedro Sottomayor e Nuno dos Reis
TÉCNICO DE LUZ: Pedro Sottomayor
DESEÑO E COMUNICACIÓN: Fábio Maricato, Nuno dos Reis
FOTOGRAFÍA: Paulo Moreira, Pedro Sottomayor
VÍDEO: André English, Pedro Gomes, João Valentim
COREOGRAFÍA DE TECIDO VERTICAL: Daniela Jesus
FIGURINOS: Bruno dos Reis e Nuno dos Reis
ESCENOGRAFÍA E ATREZZO: Bruno dos Reis, Carlos Conde, João Valentim e Nuno Jordão. CARACTERIZACIÓN: Nuno dos Reis
DIRECCIÓN: Bruno dos Reis e Nuno dos Reis
[<]


GRUPO:
COMPAÑÍA DE TEATRO USC - CAMPUS DE LUGO (GALICIA)
ESPECTÁCULO:

O público. Baixo a area

AUTOR: FEDERICO GARCÍA LORCA
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 21'00
DURACIÓN: 65 MINUTOS
TARIFA: 3 € (AFORO LIMITADO)

Unha noite a finais dos anos 30, Federico leu ‘O Público’ a un grupo de amigos:
“- Estupendo, pero irrepresentable - Eu, a verdade, confeso que non entendo nada  Federico: Non se enteraron de nada, asustáronse, e compréndoo. A obra é moi difícil e polo momento irrepresentable, teñen razón. Pero dentro de dez ou vinte anos...”  O ser humano, as diferentes máscaras que vai adquirindo, como chegar a un mesmo. Despoxámonos da máscara para chegar ao amor verdadeiro onde non importa a forma. O director de escena acaba de estrear ‘Romeo e Xulieta’ no teatro ao aire libre, pero que pasaría se quitásemos os peitorís á ponte, se baixásemos un banzo máis, se deixásemos as portas do biombo abertas e aparecese o teatro baixo da area? Viría a máscara devorarnos?

ELENCO: Marta Cardín, Lucas Ares, Lili Claro, Dani Lago, Paz López - Vizcaíno, Pamela Fogaza, Ana Vega, Natalia Fernández, Roberto Rivas, Xulio Díaz
FOTO: Tamara Pérez
VÍDEO: Pablo Fernández
CARTELERÍA: Tatata
ESCENOGRAFÍA: Suso Díaz e Paloma Lugilde
IMAXES: Diego Blanco
CREACIÓNS MUSICAIS: Carlos Díaz
DESEÑO DE ESPAZO: Carlos Díaz e Paloma Lugilde
VESTIARIO: Ana Miranda
SON E LUZ: ASASON LU Alfredo Sarille e Julio Corredoira

DIRECCIÓN: Paloma Lugilde
[<]