PROGRAMA

venres 15


 

GRUPO:
ROSAURA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 1) (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
O banquete

AUTOR: SABELA GAGO
LUGAR: PARQUE DE SAN LÁZARO - RÚA DO PASEO
HORA: 19’00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: LIBRE

O convite a un banquete como pretexto dramático; invitados de etiqueta evolucionando entre a fame e a gula; clima festivo que provoca o goce dos sentidos; son que abre o apetito e un menú teatral de alta cociña.
O banquete pode quedar na retina do espectador como a festa dos sentidos, como a catarse do ‘atracón’, como a comida do absurdo... dependerá dos ollos cos que se mire.

ELENCO: MªJesús Amorín, Ismael Dominguez, Lola Fernández, José Luis Prieto, Daniel Gómez, Alicia Salgueiro, Katia Rúa, Nelly Formoso,Carlota Mosquera, Alba Novoa, Esther Vizcaya, Laura Blanco, Martín Tato, Patricia Román, Beatriz Angulo, Claudio Rodríguez, Rita Lois.
MÚSICA: Perqtores
TÉCNICOS: Rubén Dobaño e José Manuel Bayón
COLABORAN: Alumnas/os e exalumnas/os da Aula de Teatro Universitaria de Ourense
DIRECCIÓN: Sabela Gago
[<]


GRUPO:
TEATRO EL MAYAL - ULE
(CASTILLA Y LEÓN)
ESPECTÁCULO:
La ciudad sitiada

AUTOR: LAILA RIPOLL
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 75 MINUTOS
TARIFA: 3 €

A guerra e a barbarie, solsticios e equinoccios que volven unha e outra vez, destruíndo vidas, desgarrando almas, mirando a propia esencia do ser humano. Non importa o lugar nin o tempo. A memoria é fraxil. A humanidade cópiase a sí mesma. O horror repítese, as bágoas teñen o mesmo sabor aquí e alá, pero o reparto da dor nunca é igual. A ración para os débiles sempre é maior.
Novamente o teatro volve sobre un tema tan universal, tan antigo, tan presente. A cidade sitiada amosa sen edulcorantes a morte, a vida, e a morte en vida dos seres humanos en tempos de guerra. Coma nun macabro álbum de feridas, os personaxes deambulan diante da nosa ollada invitando á reflexión.
Perante o espectador acontece un ‘desfile’ tan duro coma fermoso. A beleza das palabras e a forza das imaxes son tan precisas para a traxedia como as tráxicas vidas que se expoñen ou coma o humor negro, que zarrapica a obra nalgún instante.
Laila Ripoll dános a oportunidade de medrar coma seres humanos. ‘La ciudad sitiada’, como bo teatro, ofrécenos a oportunidade de ser mellores persoas.

ELENCO / HABITANTES DA CIDADE: Carlos Moreno, Daniel Cascón, Ino Cisneros, Marta Fandiño, Rocío Aller, Saúl García, Tania Pérez, Alejandra Nieto, Paola Santos, Elisa Herrero.
SON: Silvia Abad
ILUMINACIÓN: Herminio González e Javier R. de la Varga
ESPAZO ESCÉNICO: Javier R. de la Varga
VESTIARIO: Teatro El Mayal - ULE
DRAMATURXIA: Javier R. de la Varga
DESEÑO GRÁFICO: Camino Fernández
FOTOGRAFÍA: David Gómez
PRODUCIÓN: Área de Actividades Culturales Universidad de León
DIRECCIÓN: Javier R. de la Varga
[<]


GRUPO:
FRASER HOOPER
(INGLATERRA)
ESPECTÁCULO:
Strawberry
AUTOR:FRASER HOOPER
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 23’00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 5 €

‘Strawberry’ recrea un espectáculo onde os elementos do mimo, a comedia xestual e o vodevil fusiónanse coa tradición dos grandes clowns.
Co seu estilo persoal, Fraser Hooper, o clown de nariz vermello, percorreu o mundo deleitando a audiencias de todas as idades.
‘Strawberry’ é un espectáculo dinámico e con altas doses de humor, no que o seu protagonista establece, sen dicir apenas unha palabra, unha interacción continua co público, que se converte en parte indispensable da acción.
Unha obra na que o guión é o menos importante. Aínda que ten escenas preparadas, Hooper tenta fuxir delas canto antes mediante a provocación do público. Úsao de percheiro ou de mesa, e aos seus obxectos de chapeu, facéndose coa complicidade dunha audiencia en riso continuo.

 

ACTOR: Frazer Hooper
DIRECCIÓN: Frazer Hooper
[<]