PROGRAMA

mércores 30


 

GRUPO:
PIGMALIÃO. ESCULTURA QUE MEXE
(BRASIL, MINAS GERAIS)
ESPECTÁCULO:
A filosofía na alcova

AUTOR: MARQUÉS DE SADE
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 20’30
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 5 €

A Filosofía na Alcova é unha libre adaptación da obra homónima de Marqués de Sade. O espectáculo utiliza unha técnica de manipulación pouco coñecida no Brasil, que permite movementos precisos e realistas ás marionetas de fíos. Reunindo no escenario seis actores que manipulan e interactúan cos monecos, a posta en escena describe a educación sexual da fermosa e nova Eugénie, baixo os principios e a óptica dos seus singulares titores Saint-Ange e Dolmancé. Misturando discursos filosóficos sobre sexualidade, relixión e os costumes, os mestres depravados levan ao extremo as súas leccións prácticas e teóricas, defendendo o pracer por enriba de calquera regra ou lei. «A Filosofía na Alcova» convida ao público á reflexión, conxugando humor, sensualidade, terror e piedade, buscando a función máis importante do teatro: a catarse.

ELENCO (ACTORES/MANIPULADORES): Andreia Duarte, Aurora Majnoni, Eduardo Felix, Igor Godinho, Mariliz Schrickte e Sara Pinheiro
CONSTRUCIÓN DAS MARIONETAS: Daniela Papini, Eduardo Felix, Huberth Allan, Igor Godinho, Mariliz Schrickte, Taís Scaff, Fábio Schmidt, Julianne Paranhos e Luiz Vilela
MODELAXE DAS CABEZAS: Daniela Papini e Eduardo Felix
ESCENOGRAFÍA: Eduardo Felix e Igor Godinho

VESTIARIO: Maria do Céu Viana e Taís Scaff 

BANDA SONORA: Eduardo Felix

ILUMINACIÓN: Ricardo da Mata e Felipe Cosse 

CABELOS DOS MONECOS: Camila Polatscheck
ARTE GRÁFICA: Mariliz Schrickte 

ASISTENTE DE DIRECCIÓN: Igor Godinho

DIRECCIÓN E ADAPTACIÓN: Eduardo Félix
[<]


GRUPO:
FAM YA MINA PRODUCTION
(GUINEA ECUATORIAL )
ESPECTÁCULO:
El percusionista

AUTOR: GORSY EDU ABAGA
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 23’00
DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 5 €

Un músico ancián instrúe ao seu neto; a través da música transmítelle sabedorías e filosofías ancestrais. O tempo transcorre na aldea co mozo inmerso nas súas tradicións. Cumprindo co dito africano, «os días que fan medrar aos nenos son os mesmos que envellecen aos anciáns», o avó cae enfermo; como consecuencia da súa vellez comeza a perder a visión. O afán por curar ao seu avó fai que o rapaz tome a decisión de deixar a aldea e emigrar ás grandes cidades na procura do remedio. O mozo parte cara Europa -Sí beyêng- un mundo para el descoñecido, levando consigo unicamente o saber do seu pobo encerrado nas melodías e ritmos ancestrais.

ACTOR: Gorsy Edu
ILUMINACION E SON: Jose Edu
VESTIARIO E ATREZZO: Estela Ruiz
ESPAZO ESCÉNICO: Gorsy Edu
DIRECCIÓN: Gorsy Edu
[<]