PROGRAMA

martes 29


 

GRUPO:
AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - COMPAÑÍA DE TEATRO
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Apnea (Variación 2ª)
AUTOR: ROBERTO SALGUEIRO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 47 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Hai algunhas veces en que a palabra é poesía. Hai certas ocasións en que a palabra se volve materia. Mais pode haber aínda outras, as menos, en que todas as liñas de forza dun espectáculo teatral conseguen que a palabra se volva poesía e, ao tempo, que a poesía cobre corpo. Apnea […] é «libreto coreográfico» en que todas as liñas de forza da representación abeiran o lírico, xogan co sublime para logo incidiren con máis forza –e crueldade- na mensaxe […] entretecendo, a modo de mallas, unha obra chea de emocións éticas e estéticas.
Iolanda Ogando. Tempos, 76, xuño 2003

ELENCO: Miguel Gendre, Aldara Cidrás, Marcos Montiel, Carlos Hermida, Alba López
DESEÑO DE ESPAZO ESCÉNICO, ILUMINACIÓN E FIGURINOS: Roberto Salgueiro
ARRANXOS VESTIARIO: Clotilde Vaello
TÉCNICO DE ILUMINACIÓN: Raúl Giraldo (RTA)
TÉCNICO DE SON E ASISTENTE DE DIRECCIÓN: Clara Martín
DIRECCIÓN: Roberto Salgueiro
[<]