PROGRAMA

venres 9


 

GRUPO:
ALBERTO MVUNDI E BANDA
(ANGOLA / GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Concerto*
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 11’00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: LIBRE

Concerto dirixido a escolares de Secundaria, 2º Ciclo de primaria e aberto ao público en xeral.

* Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense en colaboración co IES O Couto e o CEIP Luís Acuña.

[<]


CLAUSURA DA XIX MITEU
Entrega de Premios do Xurado e do Espectador «Carlos Couceiro e Begoña Muñoz» e Premio á Mellor Resolución Técnica «Suso Díaz»
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’00

Premio da organización da MITEU:
A organización da MITEU decide outorgar o premio da 19ª MITEU 2014 á XAN CEJUDO, actor, director, dramaturgo, peza clave na profesionalización do teatro galego, mestre de actores e directores fundamentais do Teatro galego realizando un labor imprescindible como director, actor e intelectual da nosa escena desde O Facho ata o CDG, pasando por Moucho Clerc ou polo audiovisual galego. O noso recoñecemento para el nesta edición da MITEU.


XURADO: María Díaz, Carlos Rafael, Uxía Morán, Trini Domínguez e Marielvy Martínez do premio «Carlos Couceiro e Begoña Muñoz»
XURADO: Técnicos do Auditorio e do Teatro Principal do premio «Suso Díaz»
Premios «Carlos Couceiro e Begoña Muñoz» só para grupos que non perciben caché

[<]
 
GRUPO:
MARICASTAÑA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 3)
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Café Liberdade

AUTOR: FERNANDO DACOSTA
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Nunha cidade pechada (por defunción), nun mundo onde homes e mulleres grises devoran a alegría, deixan a outros seres humanos sen recursos para poder vivir e acaban sen ningunha consideración o que poderían ser outros xeitos de entender a existencia, unha muller decide dar un paso adiante. O Café Liberdade é a súa resposta a ese mundo do que non gosta. Un espazo único onde o importante son as persoas que o habitan. Persoas que foron entrando no café e foron coñecéndose ao son do piano, da batería, dos libros que a viaxeira puña a disposición de todo o mundo. Xogan ao xadrez baixo unha lámpada, bailan e dróganse. Un espazo que foi construíndose desde a acollida, desde a comprensión do xénero humano, desde a liberdade máis absoluta, desde as artes.
O Café Liberdade tratará de persistir nun mundo hostil con personaxes especiais, como somos cada un de nós, como unha oferta a outro mundo posible no medio da guerra voraz na que estamos inmersos.
Noite, música, amizade, loita, traizón, policía, marihuana, literatura, amor e desamor, construción nun mundo en destrución, son algunhas das temáticas desta montaxe. Unha república libertaria nunha monarquía hereditaria.

ELENCO: Yu Estévez, Daniel Vázquez, Marcos Vázquez, Reyes Mangue, Noelia Rope, Sandra Al Ca, Vicky Docabo, Alicia Fraga, Nuria Paz, Carmen Goyanes, Tania G. Vázquez
LUZ, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra
DESEÑO MUSICAL: Renata Codda Fons
CARTEL E PROGRAMA: Pablo Otero
ESCENOGRAFÍA, ESCRITA E DIRECCIÓN: Fernando Dacosta
GRACIAS: Á RESA. Residencia Universitaria de Ourense. A quen non cre nas utopías porque entende que os soños son realizables
[<]


GRUPO:
BONECA LARETA
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Sede de mal

AUTORES: CARLOS SANTIAGO, LUIS IGLESIA B., XABIER DEIVE
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 23’00
DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 5 €

Logo do seu éxito en Matalobos e de xirar con «Gaivotas Subterráneas», Luis Iglesia B. e Xabier Deive dan renda solta ao seu lado mais salvaxe e divertido e presentan «SEDE DE MAL» unha comedia a 12 cordas sobre o lado escuro da vida. Sinónimos e sinónimas, estes dous anónimos quedaron sen vacacións para ofrecerlle ao seu público unha comedia da vida, unhas ensinanzas evanxélicas, un »leit motiv» para non ser un pimpín!!! Ou queredes ser pimpíns??? Humor, teatro, música ao vivo con blues e rock and roll «á galega» cos dous dos personaxes mais importantes da escena galega dos últimos anos. Unha produción co selo de calidade de BONECA LARETA que chega da man de CULTURACTIVA.

 

ACTORES: Luis Iglesia B., Xabier Deive
PRODUCIÓN: Boneca Lareta
DIRECCIÓN: Pseudónimo
[<]


GRUPO:
IOLANDA MUÍÑOS / CAMILA BOSSA
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Malos hábitos

LUGAR: CAFÉ AURIENSE
HORA: 01’00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: CONSUMICIÓN

Dúas mulleres, dúas monxas de clausura chegan ante o público. Hoxe saíron do convento para contar como cambiaron as súas vidas dende que a «Forza do Señor» penetrou nelas.
E contar como é a súa vida agora: fan pastas, plantan a súas herbas, fan teatro, cantan no coro... e ata participan nas Cristianolimpiadas con outros conventos...

ACTRICES: Iolanda Muíños e Camila Bossa
DIRECCIÓN: José Prieto
[<]