PROGRAMA

xoves 8


 

DOCUMENTAL:
Sokar Barra (Azucre aparte)

PROCEDENCIA: EXIPTO
DIRECCIÓN:
BASEL RAMSIS
LUGAR: CINE CLUBE PADRE FEIJOO (RÚA CONCELLO)
HORA: 18’00 e 23’00
DURACIÓN: 77 MINUTOS
TARIFA: 2 €

Exipto, verán de 2013. Mentres un poder político cae e outro emerxe, Nehmedo, Hanan, e outras tantas mulleres, viven entre o soño de mellorar a súa situación casando durante uns días con homes procedentes da zona do Golfo, e a súa vida diaria, marcada pola pobreza, a discriminación e a violencia, nun pobo marxinado ao sur de Guiza.

PRODUCIÓN: DAYRA ARTS - BASEL RAMSIS
SUBTÍTULOS: ESPAÑOL
[<]


GRUPO:
TEATR’UBI (GRUPO DE TEATRO DA BEIRA INTERIOR) (PORTUGAL, COVILHÃ)
ESPECTÁCULO:
Diagnóstico: desgosto patológico
AUTOR: RUI PIRES
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 20’30
DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Sinto que non hai esperanza no futuro e que as cousas non poden mellorar. Estou farta e insatisfeita con todo. Obsérvanme, xúlganme. Na miña vida nunca tiven problemas en dar ás persoas o que elas querían. Pero nunca ninguén fixo iso por min. Confiei en ti, ameite, non me doe perderte, mais si a merda das túas falsedades descaradas. Xa nada importa. Son un fracaso como persoa. Tomar comprimidos, cortar os pulsos, despois aforcarme! Meu amor, meu amor, por que me abandonaches? Soñei que fora ao médico e que me dera oito minutos para vivir! A cabeza está enferma, a válvula do corazón riscada, sinto un burbullar no meu corazón. Cada palabra tira un anaco da miña vida. Cada palabra tira un anaco da miña alma. Deixa de xulgar as aparencias! Non saben nada. Melancólico é o berro dun corazón a partirse! Cae neve negra na miña morte e ti abrázasme.

 

CO-CREACIÓN E INTERPRETACIÓN: Gonçalo de Morais, Inês Santos, Marisa Inglês, Graça Faustino, Joanna Santos
COPRODUCIÓN: TeatrUBI - ASTA
TEXTO: Adaptação livre de Rui Pires a partir de «4:48 PSICOSE» de Sarah Kane
DESEÑO DE LUZ: João Cantador, Rui Pires
EDICIÓN SONORA: Gonçalo de Morais
VESTIARIO: TeatrUbi e ASTA
PROF. DE VOZ: María do Carmo Teixeira
DESEÑO GRÁFICO: Sérgio Novo
CARTAZ: Gonçalo de Morais, Marisa Inglês, Joanna Santos
CREACIÓN E DIRECCIÓN: Rui Pires
[<]