PROGRAMA

mércores 7


 

GRUPO:
CORASONS (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Corasons* (DOCUMENTAL + CONCERTO)
AUTOR: COLECTIVO CORASONS
LUGAR: CAMPUS UNIVERSITARIO (SALA MARIE CURIE - EDIFICIO POLITÉCNICO)
HORA: 19’00
DURACIÓN: 100 MINUTOS (Documental + concerto)
TARIFA: LIBRE

Como unha afección persoal pode rematar nun grande intercambio cultural entre varios países? Por que dun día para outro a xente comeza a facer fotos que lle lembran corazóns? Todo comezou nunha páxina de internet chamada «Quem ve corações», na que Isabel Leal foi publicando unha serie de textos e fotografías co «leitmotiv» dos «corazóns casuais», figuras de corazóns atopadas na natureza e dispersas polo mundo adiante. A Casa das Crechas foi o sitio idóneo para que un pequeno grupo de persoas se xuntasen coa escusa de dar un concerto para inaugurar a exposición das fotos de Isabel. Acababan de nacer os CoraSons. Na Semana Santa de 2012 xa eran máis de 40 artistas os que se xuntaron na Illa de Arousa para dar un concerto único. Este documental musical pretende deixar constancia desta historia. Unha historia diferente. Unha historia única. Unha historia de amizade. Mini-concerto para ilustrar o documental.

* Organizado polas Cuartas Xornadas de Portugués Perto e o Campus de Ourense

CON: Carlos Blanco, Dani Juncal, Najla Shami, Xoan Curiel, Uxía, Paco Abelleira, Magín Blanco, Tatán, Pablo Vidal , Sérgio Tannus e Isaac Palacín
DIRECCIÓN: Colectivo CoraSons / Paco Abelleira (director do documental)
[<]


GRUPO:
AULA DE TEATRO NORMAL DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Nocturnos
AUTOR: PACO ZARZOSO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Panorámica nocturna das aforas dunha cidade á beira do mar. Algúns habitantes saíron esa noite sen o paraugas que os protexe da choiva de meteoros e estrelas.

ELENCO: Laura Blanco Mata (TAXISTA), Marta Edreira (FAREIRA), Amelia da Silva (ADMINISTRATIVA), Marcelino Fuentes (AUTOMOBILISTA), Tania Paseiro Galán (ACCIDENTADA), Patricia Tembleque (CONDUTORA DE AMBULANCIAS), Marián Fuentes Loureiro (PARACAIDISTA), Laura Blanco Mata (MULLER DO SÉTIMO), Nuria Calvo (MULLER PRIMEIRA), Oana Lazarescu/Laura Mariño (MULLER SEGUNDA), Bea Martínez Figueroa (PROPIETARIA), Sara Fernández Baldomir (MULLER DOS MOBLES), Diego Franqueira Docampo (TRANSPORTISTA), Andrew (PAXARO NA GAIOLA) (1)
(1) As lexislacións municipal e autonómica vixentes impídennos maltratar un canario durante a función, dado que este non é un espectáculo taurino. Pregamos ó público que imaxine un paxaro amarelo axitándose dentro da gaiola cando a situación en escena convide a facelo.
ESCENOGRAFÍA, ATREZZO E DESEÑO GRÁFICO: Iván Casal Nieto
VESTIARIO: Aula de Teatro UDC 2013-14
ILUMINACIÓN: Afonso Castro
BANDA SONORA: Roberto Casteleiro
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Laura Mariño
DIRECCIÓN: Rubén Ruibal
AGRADECEMENTOS: Garys644
[<]


GRUPO:
YLLANA (MADRID)
ESPECTÁCULO:
Action Man
AUTOR: RAÚL CANO (idea orixinal)
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 23’00
DURACIÓN: 75 MINUTOS
TARIFA: 5 €

Neste espectáculo Raúl Cano, só sobre o escenario, dá vida a diversos personaxes e situacións, despregando grandes dotes mímicas, un xeneroso dominio do corpo cun estilo propio, e utilizando sempre unha magnífica e precisa sonorización.
O personaxe principal, un Superaxente Especial na súa última misión, vese inmerso nunha serie de situacións cómicas que beben do mellor humor cinematográfico, televisivo e do cómic.
Raúl Cano é actor e coautor de espectáculos de Yllana como «¡Muu!», «Glub Glub», «666», «Star Trip» e «Brokers». Tamén o vimos en series de televisión como «La Tira», «La que se avecina», «Chic-cas» e «La hora de José Mota». Agora embárcase na súa primeira película de acción teatral. Esperemos que non a cague!

ACTION MAN: Raúl Cano
DIRECCIÓN ARTÍSTICA: David Ottone, Juan Francisco Dorado, Raúl Cano Cano
ASESORAMENTO TÉCNICO: Juan F. Ramos
GUIÓN: Javi Coll
REALIZACIÓN AUDIOVISUAL: Sayago Ayuso (Goa Producciones)
FX AUDIOVISUAIS: Santiago Alonso (Goa Producciones)
ASESOR DE MAGIA: Willy Monroe
DESEÑO DE LUCES: Marino Zabaleta
DESEÑO DE SON: Alberto Fernández Roda
ATREZZO ESCENOGRÁFICO: Gonzalo Gattica
COMPOSICIÓN MONECO: Kreat
XASTRAS: Dorinda Gómez (Apaños Dora) - Castro Turga S.L
DIRECCIÓN: YLLANA (Marcos Ottone, David Ottone, Juan F. Ramos, Joe O´Curneen, Fidel Fernández)
[<]