PROGRAMA

martes 6


 

GRUPO:
TEUC (TEATRO DOS ESTUDANTES DA UNIVERSIDADE DE COIMBRA)
(PORTUGAL)
ESPECTÁCULO:
Corpo em crise

AUTORES: MATILDE JAVIER CÍRIA, RAFAELA BIDARRA e CLÁUDIO VIDAL
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 19’00
DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Un proceso de crise profunda afecta á sociedade moderna de comezos do século XXI. É difícil discernir tanto a orixe como a extensión desta crise no mundo globalizado e extremamente interconectado. Realizamos un proceso de investigación a través de entrevistas e obradoiros de expresión corporal a persoas de distintas realidades da cidade de Coímbra, e mediante a procura e experimentación nos nosos corpos procúranse pistas para acadar unha maior comprensión sobre este proceso de transformación que estamos a vivir. É unha crise de conciencia, social, ecolóxica, familiar, tecnolóxica ou de valores? Sen dúbida todos coincidimos en que é unha crise económica. Deprime, adoece, desmoraliza, atemoriza ou dános valor e creatividade? Sen dúbida todos estamos afectados por esta crise pero... Cales son as mudanzas que o corpo humano experimenta nunha sociedade en crise? Como expresar este cambio a través do movemento?

ELENCO: Cláudio Vidal e Rafaela Bidarra
DESEÑO DE LUZ E LUMINOTECNIA: Jorge Ribeiro
COMPOSICIÓN MUSICAL: Johnny Gil e Fernas
AUDIOVISUAIS: Cláudio Vidal, Matilde Javier Ciría e Ana Félix
DESEÑO GRÁFICO: Cláudio Vidal
VESTIARIO: TEUC
ESCENOGRAFÍA: TEUC
PRODUCIÓN: Rafaela Bidarra
DIRECCIÓN: Matilde Javier Ciria
[<]


GRUPO:
COMPAÑÍA DE TEATRO DA USC - CAMPUS DE LUGO
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Miosotis. Non me esquezas

AUTOR: DRAMATURXIA BASEADA EN «COMEDIA SEN TÍTULO» DE FEDERICO GARCÍA LORCA
LUGAR: AUDITORIO (AFORO LIMITADO AOS ESPECTADORES QUE ENTREN NO ESCENARIO)
HORA: 20’30
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €

A modo de reflexión… Hai algo peor que o maten a un?… Que o anulen, que o fagan desaparecer. Por iso, non me esquezas. Nada é inventado. Anxos, sombras, liras de neve e soños existen e voan entre nós, tan reais como a luxuria, as moedas que levades no peto, ou o cancro latente no fermoso seo da muller, ou o beizo canso do comerciante. Por que imos ir ao teatro para ver o que pasa e non para ver o que nos pasa? A verdade é fea e se a digo guíndanme do teatro. Partimos do texto de Lorca da «Comedia sen título ou o Soño da vida». Ata nós só chega un acto, dos outros dous sabemos por amigos do propio Lorca: do segundo contaba Margarita Xirgu que se desenvolvía nunha morgue e a protagonista sería unha muller; e do terceiro sabemos que se situaría no ceo. A través deste texto, deixándonos levar por el, creamos unha dramaturxia onde a necesidade de non esquecer, da verdade do poeta, quere saír. A madeira dos cadaleitos de todos os que estamos nesta sala está xa cortada… Non quero actores senón homes de carne e mulleres de carne, e o que non queira escoitar que tape os ouvidos.

ELENCO: Uxía Alonso (ACTRIZ), Lili Claro (A MULLER), Ramón Ferreira (AUTOR), Natalia Fernández (A NAI/CRIADA), Dani Lago (MOZO/MIOSOTIS), Roberto Rivas (O PROPIETARIO DO TEATRO)
DESEÑO DOS ESPAZOS: Paloma Lugilde. As gradas que utilizamos forman parte da escenografía da obra «O Público», deseñada no 2006 por SUSO DÍAZ para esta compañía. Para a realización dos espazos, os técnicos da compañía contaron coa axuda de Óscar Lago, ELecctrocalgas e Chelo Trinidad
CREACIÓNS SONORAS: Carlos Díaz
TÉCNICOS DE SON E LUCES: Alfredo Sarille e Julio Corredoira - Luzsonga
DESEÑO DO CARTEL E MAQUETACIÓN DO PROGRAMA: Tatata
DOCUMENTACIÓN: Ramón Fernández e Paloma Lugilde
VESTIARIO: A propia compañía
FOTOGRAFÍA: Mario García Herradón - Bruno Martínez
TRADUCIÓN: Xoán C. Laxe
DIRECCIÓN: Paloma Lugilde
AGRADECEMENTOS: A todos os integrantes da Aula de Teatro da USC, á Área de Cultura e á Vicerreitoría do Campus de Lugo polo seu constante apoio
[<]