PROGRAMA

sábado 20


 

GRUPO:
TEUC (TEATRO DOS ESTUDANTES DA UNIVERSIDADE DE COIMBRA)
(PORTUGAL)
ESPECTÁCULO:
Projecto H

AUTORES: JOANA PROVIDÊNCIA E TEUC
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 55 MINUTOS
TARIFA: 2 €

De onde veñen e onde van aquelas persoas? Que lles acontecería? Que lembran? Terán algunha vez amado, sentiríanse amadas?
Este proxecto desenvolvese entorno ao universo do pintor Edward Hopper cuxas obras, habitadas por unha mistura de realismo e estrañeza, parecen captar un antes e un depois sen que se perciba exactamente o que. Hai unha suspensión instantánea, case fotográfica, do ritmo cotián que xorde rodeado de segredos e créanos unha sensación de algo incompleto. En Hopper hai un "voyeurismo" frío, un distanciamento, unha case ausencia de voluptuosidade. Motivounos este sentimento de interioridade e de silencio, onde a luz crea espazo, e o espazo é percorrido pola luz, creando un territorio mental de contemplación. É neste contexto que procuramos desenvolver os materiais. O traballo de interpretación asentouse sobre todo nun corpo físico, na construción de partituras de movemento, e no desenvolvemento de ideas de composición coreográfica. A palabra xorde só puntualmente e pasa a través de dúas pequenas historias tiradas do "Caderno Vermello" de Paul Auster.

ELENCO: Helena Galveias, Helena Pinela, Joana Salgado, Miguel Matos, Rafaela Bidarra, Rodolpho Amaral, Ruy de Liceia
DESEÑO DE LUZ E LUMINOTECNIA: Alexandre Mestre
ASISTENCIA COREOGRAFÍA: Leonor Barata
FOTOGRAFÍA: Eduardo Pinto
VÍDEO: Ana Félix
DESEÑO GRÁFICO: Eduardo Pinto
ESCENOGRAFIA: Rafaela Bidarra
PRODUCIÓN: TEUC 2013
DIRECCIÓN: Joana Providência
[<]


GRUPO E PEZA
VAGALUME con
Nazo... Bailo... Morro
AULA DE DANZA DA UDC - DANZA NORMAL.
A CORUÑA con
2 m2 de pel
MIRIAM CENTRO DE DANZA. OURENSE con

Nin xordos, nin múos, nin cegos

TICS (ESPAZO PARA A FORMACIÓN
EN DANZA E OUTRAS ARTES) con
Acolchoadas
ESCOLA ESTILO LIBRE con
Michael Jackson
COMPAÑÍA DE DANZA DA USC-LUGO con
5 Elementos
"DO-OU-TRAS"
AULA DE DANZA CAMPUS DE OURENSE con
Oco
PROCEDENCIA: GALICIA
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 23’00
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 2 €

NAZO... BAILO... MORRO: Un paso veloz nun mundo de cegos, cando queremos ver acábasenos o tempo.
2 M2 DE PEL: A pel é o maior órgano do corpo humano ou animal. Ocupa aproximadamente 2 m2. O primeiro sentido que desenvolvemos é o tacto fundamentando nel a nosa relación co mundo que nos rodea. Curiosamente, na nosa sociedade é o menos utilizado a pesar de ser a forma de comunicación física máis intensa da que dispoñemos. O contacto non é só un perfil de facebook, un correo electrónico ou unha páxina de relacións esporádicas. O contacto físico mantennos vivos e calquera roce de pel con pel deixará gravada a súa pegada.
NIN XORDOS, NIN MÚOS, NIN CEGOS: Equivócanse os que creen que a sociedade non se entera...
ACOLCHOADAS: 1. Neoloxismo propio da cidade de Ourense empregado para definir un conxunto de mulleres que se arman e protexen baixo o colchón, tras do colchón, entre colchóns..., ante calquera acontecemento. Coa caída dun chícharo, as mulleres ficaron acolchoadas. 2. Tics adxectival derivado do verbo acolchoar. Durmiron acolchoadas unhas por riba das outras. SIN. acolloadas (vulg.) , amedrentadas, atemorizadas, intimidadas.
MICHAEL JACKSON: Danza.
5 ELEMENTOS: A terra fainos crecer, o aire dános alento, a auga réganos, o lume dános calor e o éter fainos pensar.
OCO: O oco que posibilita o oco. O oco que deixa un oco.

INTÉRPRETES:
NAZO... BAILO... MORRO: Iago Bernárdez
2 M2 DE PEL: Nadia Abdulkadir, Fanny Abelenda, Bibiana Buján, Lorena Carballido, Léa Mauguin, Giordana Perusi, Laura Ríos, Kaila San Fabián
NIN XORDOS, NIN MÚOS, NIN CEGOS: Adriana Feijoo, Sara Maslanka, Sandra Novoa |
ACOLCHOADAS: Laura Nóvoa, Sara Fondevila, Raquel Álvarez, Marta Fernández, Irene de Sas e Patricia Varela
MICHAEL JACKSON: Lety, Hugo, Luna, Lea, Lucas, Noelia, Andrea
5 ELEMENTOS: Eva De la Torre, Caroline de Jesús, Gús Fouce, Aline Marcimiano, Cristina Penalva, Mª José Pérez e Elvira Rúa
OCO: Laura Quintas Vázquez, Estela Sánchez Rodríguez, Angela Gonzalez Fernandez, Natalia Janeiro Cadahía, Samanta Fernández Cortés, Iago Bernárdez Gómez, Silvia Fernández Fernández, Nides Otero Paz
DIRECCIÓN / COREÓGRAFOS:
NAZO... BAILO... MORRO: Iago Bernárdez
2 M2 DE PEL: Rut Balbís
NIN XORDOS, NIN MÚOS, NIN CEGOS: Miriam Rodríguez
ACOLCHOADAS: Patricia Varela Díaz
MICHAEL JACKSON: Hugo Alonso - Leticia Nogueira
5 ELEMENTOS: Rosa Acuña (coreografía) - Juan Carlos Zahera (dirección)
OCO: TrasPediante (Dirección artística Begoña Cuquejo)

[<]


GRUPO:
MOROKO (MAGO CÓMICO)
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Eu creo na maxia

AUTORES: SAMUEL CARDOSO
LUGAR: CAFÉ AURIENSE
HORA: 01’00
DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: CONSUMICIÓN

Espectáculo de ilusionismo aderezado con humor no que se fai participar aos espectadores nos xogos e efectos.

[<]