PROGRAMA

venres 19


 

GRUPO:
COMPAGNIA TEATRALE BANDA KURENAI
(XÉNOVA - ITALIA)
ESPECTÁCULO:
My name
DRAMATURXIA: RAFFAELLA RUSSO (coa colaboración de DAVIDE ALOI)
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 55 MINUTOS
TARIFA: 3 €

O actor coma unha sombra móvese dentro dun espazo máis aló do tempo. Coma unha sombra danza, alumea, corre e choca corpos, choca vidas, choca as súas mesmas sombras e todo o que non é, non foi, nunca será. Porque así o decidíu.
Unha voz acompaña ao público e convídao a observar ao actor no escenario coma un animal dun documental, coma un experimento... Un nome que nunca será pronunciado, unha vida que nunca será explicada, un personaxe sen unha historia.
Dentro dun supermercado, fóra dunha igrexa, entre a multitude que se manifesta, nunha discoteca anónima... Coma un virus, un fungo, unha fenda na parede. O meu nome.

Posta en escena completa do traballo presentado coma breve "performance" na pasada edición da MITEU

ACTOR: Carlo Strazza
VOZ E EFECTO DE SON: Davide Aloi
TÉCNICO: Davide Aloi
DIRECCIÓN: Raffaella Russo
[<]


GRUPO:
EDUARDO OKAMOTO
(BRASIL)
ESPECTÁCULO:
Agora e na hora de nossa hora

AUTOR: EDUARDO OKAMOTO
LUGAR: AUDITORIO (Aforo limitado ao público que entre no escenario)
HORA: 23’00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Pedrinha é un sobrevivinte do ataque, da Chacina da Candelária: agochado no quiosco, el asistíu ao asasinato de oito "meninos de rúa". Ao narrar os acontecementos da madrugada, Pedrinha revela unha sociedade que nega ata a morte os "meninos de rúa"!
"Agora e na hora de nossa hora" coloca no centro da escena a "cidade invisible". Todos os dias pasamos por ela, mais non a percibimos. Nesa cidade, viven "meninos de rúa" que son mal vistos.
A escena recrea o cotián dun deses "meninos": un sobrevivinte que loita, ama, se agocha, fuma crack, vive. A traxectoria de Pedrinha desenvólvese de maneira delicada, poética, acompañada de viola erudita.

ACTOR: Eduardo Okamoto
ASISTENTE DE DIRECCIÓN: Alice Possani
ESQUISA E EXECUCIÓN MUSICAL: Paula Ferrão
MÚSICA: "Bachianas Brasileiras no 5", Heitor Villa Lobos
ENTRENAMENTO DO ACTOR: LUME Teatro
ILUMINACIÓN: Marcelo Lazzaratto
FOTOGRAFÍA: João Roberto Simioni e Jordana Barale
ORIENTACIÓN: Suzi Frankl Sperber e Renato Ferracini
TÉCNICO DE LUZ: Silvio Adriano Fávaro
DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN: Daniele Sampaio
DIRECCIÓN: Verônica Fabrini
[<]