PROGRAMA

xoves 18


 

GRUPO:
AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Agamenón. Volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo
AUTOR:
RODRIGO GARCÍA
LUGAR:TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30

DURACIÓN: 55 MINUTOS
TARIFA: 2 €

A proposta que realizamos céntrase en dous conceptos básicos que constrúen o texto de Rodrigo García: a violencia e o humor. Esta mestura constitúe un armazón grostesco que contén unha lectura aceda, tremendamente crítica, sobre o individuo sometido, ao seu pesar, por un sistema que o oprime e sobre o que non ten capacidade de reacción.

ELENCO: Miguel Gendre, Beatriz Pérez, Alba López, Miguel Torres
DESEÑOS DE ESPAZO ESCÉNICO, FIGURINOS E ILUMINACIÓN: Roberto Salgueiro
ARRANXOS VESTIARIO: Clotilde Vaello
ASISTENCIA TÉCNICA: Raúl Giraldo (RTA)
PROGRAMA E CARTEL: Gerardo Fuentes
ASISTENCIA DE DIRECCIÓN: Clara Martín
ADAPTACIÓN LITERARIA E DIRECCIÓN: Roberto Salgueiro

AGRADECEMENTOS: Roi Méndez, Mari Carmen Seoane, Eloy Blanco, María Dolores Martínez
[<]


GRUPO:
GRUPO DE TEATRO DA UPNA
(NAVARRA)
ESPECTÁCULO:
Risas y destrucción

AUTOR: ALFREDO SANZOL
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 23’00
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 2 €

O ser humano é un ser cheo de medos, de temores, e non hai temor máis grande que o que se lle ten á liberdade porque sempre estivemos supeditados a alguén nalgún momento das nosas vidas. En nome da liberdade cometéronse as atrocidades máis monstrosas e os actos máis marabillosos de bondade.
En "Risas y Destrucción", veremos numerosos exemplos nos que o medo é quen de empurrarnos a controlar aos demais, a tentar monitorizar o que fan, a imporlles regras e normas por un simple medo ao descoñecido.
Seremos testemuñas de diversas escenas sen conexión aparente na que diversos personaxes de toda índole tratan de reafirmar a súa identidade para poder exercer a súa liberdade, e outros procuran "encorsetala" para ocultar os seus medos a perdela. Esta falta de conexión é puramente superficial, un simple detalle estético que non fai máis que remarcar a profunda unión que existe entre elas pois comparten o mesmo sentimento: a loita constante entre medo e liberdade.

ELENCO: Lara García, Arantxa Alonso, Ana Artajo, Carmen Bobo, Natalia García Granero, Kristina Aranguren, Inés Asensio, Javier Gorráiz, Diego Cantabrana, Andoni Larumbe, Diego Rousselon, Íñigo Arricibita
DESEÑO DE ILUMINACIÓN E CARTAZ: Ion Martincorena
TÉCNICOS DE LUZ E SON: Mikel Larrea e Luis García
MUSICA ORIXINAL: Javier Urtasun
ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: UPNA
DIRECCIÓN: Óscar Orzaiz
[<]