PROGRAMA

sábado 13


 

PARTICIPAN:
ACTORES DA COMPAÑÍA TUNISIANA
(TUNISIA)
CHARLA:
As outras realidades de Tunisia

LUGAR: VENTO DO SUL
(Rúa da Paz)

HORA: 13’00
TARIFA: LIBRE

Tunisia estivo moi presente nos medios de comunicación hai 2 anos, foi un dos países onde se iniciou a chamada "Primavera árabe". Como están hoxe en día?, cal é a realidade dos creadores tunisianos?, que queda cando os medios de comunicación internacionais xa non consideran novas de interese o que acontece no día a día dun país tan próximo e tan afastado do noso día a día?
[<]


GRUPO:
ALBA SARRAUTE (CATALUÑA)
ESPECTÁCULO:
Soy la otra (La Diva)

IDEA E DRAMATURXIA: ALBA SARRAUTE PONS
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 20’30
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 5 €

A viaxe dunha cantante de cabaré en busca do seu pai. Música, Poesía e Circo para traducir á escena as contradicións do complexo mundo interior dunha diva. O amor, a morte, a falta de fundamentos vitais como é unha casa, un territorio, un lugar onde volver, unha lingua materna. A procura da felicidade nos resultados inmediatos, do amor, na inseguridade e a soidade dos escenarios. Todo nun só concerto-espectáculo que viaxa entre a poesía, a música e a acrobacia, que compaxina textos poéticos, cancións, jazz, blues, circo, maxia, crítica, etc... A través dunha dramaturxia dialéctica, que viaxa polo amor, a vida e a morte dunha persoa, o sacrificio de ser amado e non abandonado. A loita da muller nun mundo absurdo, buscando o xeito de sentirse libre e non cada vez máis encadeada perseguindo unha falsa perfección. A Diva é unha aposta en canto á poesía visual, clave do novo pallaso contemporáneo. A Diva quere ser amada, aclamada, e por iso esaxera a súa sedución, o pallaso tamén.
Un espectáculo de pallasa e músicos, que atravesa a vida dunha diva, os locais nocturnos onde ela toca, as súas contradicións, os seus traumas e a gran pregunta: Por que quere que miles de descoñecidos a amen?

 

ELENCO/MÚSICOS: Alba Sarraute, Roc Sala, Pol Caturla, Alexandre Guitart
DIRECCIÓN MUSICAL: Roc Sala Coll
COREÓGRAFO: Reinaldo Riveiro
DESEÑO DE LUCES: Quim Aragón
DESEÑO DE SON: Ton Mentruit
MAQUINARIA: Núria Navarro
AUDIOVISUAIS: Carlos Rufete / Contrafilms
MANAGEMENT E PRODUCIÓN: Blas Rodríguez
PRODUCIÓN TÉCNICA: Escénica Integral
ESCENOGRAFÍA: Marlako / Tomislav Ruzic / Alba Sarraute / Nuria Navarro / Proescena
VESTIARIO: Alba Sarraute / Rosa Solé / Alexa Lecompte
FOTOGRAFÍA E DESEÑO: Laia Alonso / Manel Sala "Ojos"
CREACIÓN EFECTOS DE VOO: Accialt Flying Effects
WEB E DESEÑO GRÁFICO: Montse Pons
CANCIÓN FINAL: Jorge Sarraute / Luis Luchi
DIRECCIÓN: Blai Mateu Trias
[<]


GRUPO:
CORDELIA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Vidal Bolaño 2013
AUTOR: DRAMATURXIA DE ELENA SEIJO E FINA CALLEJA
A PARTIR DE PEZAS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 23’00
DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 2 €

Para os alumnos-actores de Cordelia "RVB 2013" é a súa primeira experiencia sobre as táboas e os textos de Roberto Vidal Bolaño constitúen unha ocasión única para a indagación sobre o traballo de actor e a complexidade da construción do personaxe. Ousamos, non sen certa insolencia, rescatar pasaxes marabillosas de Saxo Tenor e Rastros, sazonados con Animaliños e Anxeliños, para compoñer un mosaico emocional excitante, e constituír unha homenaxe coral e sentida á xenialidade de Roberto ao seu pensamento.

COA COLABORACIÓN DO CDG PARA AS REPRESENTACIÓNS.

ELENCO: Pilar Rodríguez, Carmen Goyanes, Galicia Gutiérrez "Gali", Rubén Fernández, Eva Tato, Marielvi Martínez, Laura Lozano, Sonia Fernández, David Bobillo, Teresa Fernández, Sabrina Horrisberger
VESTIARIO: Sarabela Teatro
TÉCNICOS, ILUMINACIÓN E SON: Rubén Dobaño e José Manuel Bayón
LUZ: José Manuel Bayón
MÚSICA: Rubén Dobaño e Fernando Dacosta
ESPAZO ESCÉNICO, SON, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Elena Seijo e Fina Calleja
[<]


GRUPO:
BEST LIFE (Underyourseat) (GALICIA)
CONCERTO:
Best Life Best Live
LUGAR: CAFÉ AURIENSE
HORA: 01’00
DURACIÓN: 75 MINUTOS
TARIFA: CONSUMICIÓN

Composicións propias onde predominan as harmonías vocais con influencias de Wilco, The Beatles, Neil Young ou Band of Horses.

GUITARRA E VOCES: Hugo Babarro
VOZ E GUITARRA: Manuel de Lorenzo
BAIXO E VOCES: Jorge de Lorenzo
BATERÍA: José Lameiras
[<]