PROGRAMA

venres 26


 

GRUPO:
GRUPO ESTABLE DEL AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE BURGOS (CASTELA-LEÓN)
ESPECTÁCULO:
UTA. Unidad de Trastornos Alimentarios
DRAMATURGIA: JUAN LUIS SÁEZ
LUGAR: CAMPUS (ANTIGA CAPELA. PAVILLÓN Nº 1). AFORO LIMITADO
HORA: 19’00
DURACIÓN: 100 MINUTOS (Con breve intermedio)
TARIFA: 2 €

UTA. Unidade de Trastornos Alimentarios, está concebido como un popurrí de textos dramáticos nos que os alimentos están presentes, pero con temáticas moi amplas, con forte contido social e político e estilos diversos; e incluso transgresores. Etimoloxicamente popurrí vén do francés pot-pourri que o tomou da expresión española olla podrida, e que se emprega para describir calquera mistura confusa de cousas diversas e en música para cantar varias cancións continuas sen que desentoen. Actualmente, a olla podrida é o prato máis representativo da cociña burgalesa. Seguindo coa analoxía da comida, o legume, as verduras, o recheo, os compostos do porco, a carne son ingredientes moi diferenciados que se misturan e complementan na olla podrida, harmonizando as súas propiedades nun prato único. A memoria histórica, a anorexia, a manipulación dos medios de comunicación, o imperialismo americano, a educación castradora, o fascismo que está inmerso na nosa vida cotiá… son algúns dos ingredientes que compoñen o noso popurrí culinario e que se tratan en UTA, Unidade de Trastornos Alimentarios dun xeito directo e moi cercano ao espectador ao que se lle fai sentir partícipe da celebración culinaria.
Eu sei que teño máis revolta a cabeza ca o estómago porque un pensamento meu é infinitamente máis difícil de aturar ca un peido meu.
"A historia de Ronald, o pallaso de McDonald's", de Rodrigo García.

ELENCO: David Fernández, Yago Rodríguez, Celia Díez, John Halnan, Alberto González, Clara Antúnez, Isabel Iglesias, Carlos Baragaño, Beatriz Carnicero
TÉCNICO: José Antonio Pereda (Bixbi)
DIRECCIÓN: Juan Luis Sáez
[<]


GRUPO:
BUDIÑO
(GALICIA)
CONCERTO:
Presentación do seu novo disco "Sotaque"

LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
TARIFA: 12 € (anticipada 10 €. Non son válidos os pases da MITEU)

Presentación en Ourense do novo disco de Budiño. Músico galego de orixe e universal polo seu fado, viaxeiro convencido, creador incansable, anovador por convicción, soñador de melodías imposibles.
Discografía: Paralaia (1997), Arredor (2000), Zume de terra (2004), Home (2007), Volta (2010) e no 2013 a súa nova creación "SOTAQUE".
Este traballo de composición propia reflicte a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de BUDIÑO, co seu SOTAQUE.
Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen o labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO máis unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.

[<]

GRUPO:
TEATR'UBI / ASTA
(COVILHÂ - PORTUGAL)
ESPECTÁCULO:
Parecia que dançávamos. Tu vestido de príncipe e eu nua

AUTOR: RUI PIRES
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 23’00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 2 €

Porque estás lonxe e ausente, como camiñas libremente, polos soños da miña infancia, alí, onde saen os soles da medianoite, sombríos e dourados; entre as negras rúas, onde abundan os ladróns de almas. Apoderácheste de todo, ata das lembranzas de cando non te coñecia. Estou só. Onde vou? Onde vou? E xamais haberá unha resposta. Entrei con pasos de bolboreta e dirixinme ao xardín, á potente lúa. Movíame nun espazo moi fino, rarísimo, entre a luz e a sombra, a morte e a vida. Ámote, a resposta era un silencio ou un xesto ambiguo. Todo era real e irreal como é sempre a vida. Voarán os anos e na noite escura, alá no alto, moi alto, aínda hai unha estrela azul que nos guía.

CO-CREACIÓN E INTERPRETACIÓN: Cristina Enes, Diana Portela, Gonçalo de Morais,
Hélio Cabrita, Inês Santos, Marisa Inglês, Sara Pires
COPRODUCIÓN: TeatrUBI - ASTA
TEXTO: Rui Pires a partir de "Puta de prisión" de Isabel do Carmo e Fernanda Fráguas e de "La flor de Lis" de Marosa di Giorgio
TRADUCIÓN: María Díaz, Rui Pires
VÍDEO: Paulo Lima
CARTEL: Marisa Inglês
DESEÑO GRÁFICO: Sérgio Novo
DESEÑO DE LUZ: João Cantador, Rui Pires
VOZ OFF: Sérgio Novo
PROF. DE VOZ: María do Carmo Teixeira
VESTIARIO: Hélio Cabrita, TeatrUbi, ASTA
CREACIÓN E DIRECCIÓN: Rui Pires
[<]