PROGRAMA

mércores 24


 

GRUPO:
AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
A burla do galo

AUTOR: ROBERTO VIDAL BOLAÑO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 95 MINUTOS
TARIFA: 2 €

Velaí o título completo que para esta peza escribiu Roberto Vidal Bolaño, primeiro traballador do teatro a quen se dedica, neste 2013, o Día das Letras Galegas: "A Burla do Galo, vida e amores de Don Esmeraldino da Cámara Mello de Lima, Vizconde de Ribeirinha e Galo de Portugal; de quen souben polo que arredor das súas certas andainas deixou dito, no seu Merlín e Familia, un tal Don Álvaro Cunqueiro, home de fina pluma e requintado verbo ó que moitos temos por gloria das letras desta e da outra ribeira do Miño".
E velaí unha pregunta: onde está o demo?

COA COLABORACIÓN DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO.

ELENCO: Miguel Medina, Mélani Corral, Bea Martínez Figueroa, Sara Fernández Baldomir, Amelia Da Silva, Laura Blanco Mata, Leni Prieto, Diego Franqueira, Marcelino Fuentes
ESPAZO ESCÉNICO: Iván Casal Nieto
ESPAZO SONORO: Roberto Casteleiro

ILUMINACIÓN: Afonso Castro
FOTOGRAFÍA: Mario Horro e Iván Casal Nieto
AXUDANTES DE DIRECCIÓN: Laura Mariño e Santi Manteiga
DIRECCIÓN: Rubén Ruibal
[<]


GRUPO:
YLLANA (MADRID)
ESPECTÁCULO:
Star Trip
AUTOR: YLLANA
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 23’00
DURACIÓN: 75 MINUTOS
TARIFA: 8 €

Star Trip, espectáculo maquinado por Yllana, adéntranos no alucinante e absurdo mundo da ciencia ficción e o espazo. Todo iso co seu característico humor negro, a súa linguaxe universal e sen palabras. Os protagonistas de Star Trip son catro intrépidos astronautas que levan 50 anos hibernando dentro dunha nave espacial que vaga polo espazo, e cuxa misión é atopar vida intelixente no universo para, unha vez atopada, destruíla. O espectáculo comeza co espertar da nosa audaz tripulación. A súa loita por dominar unha nave que ten vida propia, o laborioso día a día nela, e os diferentes mundos cos que van colisionando son o arranque dunha vertixinosa viaxe aos confíns da comedia. Cunha coidada banda sonora e elaborados efectos visuais Yllana homenaxea a unha serie de xéneros moi queridos pola compañía: a ciencia ficción, as películas do espacio e o terror científico.

 

ELENCO: Fidel Fernández, Raúl Cano, Janfry Dorado, Jony Elías
IDEA ORIXINAL: Yllana
DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: Yllana
DESEÑO ILUMINACIÓN: Yllana
VESTIARIO: Teresa Rodrigo e Sol Curiel
REALIZACIÓN ESCENOGRAFÍA: MAY (Servicios del espectáculo)
SON: Jorge Moreno
MÚSICA ORIXINAL: Sergio G. de la Puente
ILUMINACIÓN: Juan Alberto González
MAQUINISTA: Marcos Daniel Rodríguez
ATREZZO: Dream Factory, Mantis, Rosa
DESEÑO GRÁFICO: Ángelus Imagen digital
FOTOGRAFÍA: Julio Moya
XEFE DE PRENSA: Rosa Arroyo
XEFE DE PRODUCIÓN: Mabel Caínzos
AXUDANTES DE PRODUCIÓN: Francisco Álvarez e Rocío Saiz
PRODUCIÓN: Yllana
DIRECCIÓN: YLLANA
[<]