GRUPO:
"LA CHARANGA" DA UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID (MADRID)
ESPECTÁCULO:
Medea
VERSIÓN: BEATRIZ CANO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 2 €
Baseada na obra de Eurípides, Medea Versión Beatriz Cano plantexa unha nova lectura do Mito: unha MEDEA TRIPLE. Medea Feiticeira, Medea Namorada e Medea Razón. Elas, AS TRES MEDEAS, son as protagonistas absolutas da súa traxedia. Unha Medea Triple que ispe a súa alma diante do espectador.
Sometida a Feiticeira - núcleo da personalidade de Medea por Medea Namorada e Medea Razón, esperta coa nova do seu desterro e comezará o seu despiadado plano para conseguir romper con ambas as dúas. Nun primeiro momento desvencellarase de Medea Razón, aínda que esta sempre permanecerá presente, suliñando deste xeito, como xa fixo Eurípides, que a paixón non supón ausencia de razón. Posteriormente, Medea Feiticeira romperá coa Namorada, a quen "máis odia e detesta" por tela obrigado a asasinar ao seu irmán e abandonar a súa patria para embarcarse con Jasón. A nosa Medea non remata "vitoriosa" sobre o carro alado de Helios e cos cadáveres dos seus dous fillos. Este crime supón un dominio de Medea Feiticeira sobre as demais, poñendo fin á súa relación con Jasón. Pero tamén conleva a súa propia destrución. A nosa Medea non finaliza vitoriosa. A nosa Medea volve ser Medea. Medea Feiticeira. Medea Namorada. Medea Razón. A súa presenza faise unha soa, unha soa acción autodestrutora.
Obra gañadora do XV certame de teatro universitario UCM 2011: Primeiro premio á mellor montaxe, Premio á mellor dramaturxia, Premio á mellor interpretación feminina, Representación no teatro da Abadía de Madrid.
ELENCO: Beatriz Cano, Almudena Estradé, Paula Montañés
ESCENOGRAFÍA: GT La Charanga
MÁSCARAS: Beatriz Cano
DISEÑO DE VESTIARIO: Victoria Olmedo para GT La Charanga
ILUMINACIÓN E SON: La Charanga
MÚSICA: Beatriz Cano
DIRECCIÓN: Victoria Olmedo
[<]
|
|