PROGRAMA

venres 12


 

GRUPO:
ROSAURA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Entre lusco e fusco

AUTOR: CREACIÓN COLECTIVA - SABELA GAGO
LUGAR: PARQUE DE SAN LÁZARO, RÚA DO PASEO, XARDÍNS PADRE FEIXOO
HORA: 19’00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: LIBRE

Venres tardiña na rúa do Paseo: cando os transeúntes camiñen transportando nos seus pensamentos os problemas do cotián, atoparán un divertimento parateatral para mudar o gris por calquera outra cor. O espectáculo de Rosaura é unha invitación aos cidadáns para espertar os sentidos e compartir emocións.
Unha oportunidade para o xogo entre as rúas da cidade.

ELENCO: Vicente Conde, Yolanda Hervés, Gabriel Álvarez, Alexandre Hermida, Pablo Ovalle, Gonzalo Otero, Juan Mariño, Manuel D'angiulli Díaz, Xavier Fernández, Manuel Jesús Reboiro, Rosa Mª Fernández, Leticia Álvarez, Ines Tornos, Irene Pérez, Iria Celtia, Abrahan Pérez, María Iglesias, Andrea
COLABORA: Maricastaña, Cordelia, ex-alumnas e alumnos da Aula de Teatro Universitaria de Ourense
IDEA ORIXINAL E DIRECCIÓN: Sabela Gago
[<]


GRUPO:
ACONTRABUTACA
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
O asasino é o Mordomo

AUTOR: ACONTRABUTACA - XOSÉ LUEIRO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 65 MINUTOS
TARIFA: 5 €

Co-dirixido polo mestre de humor David Ottone (Yllana) O Asasino é o Mordomo é algo máis que un espectáculo... é un novo xeito de entender a comedia en Galicia seguindo o ronsel que compañías como Sexpea¬re, Capa i Espasa, Pez en Raya ou a mesma Yllana marcan a nivel estatal. O gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes farán as delicias do público máis esixente.
Un antigo caserón de estilo vitoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular… unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chemineas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos. A cuarta dimensión, o quinto Beatle, a terceira perna... o espectador de Frantasmas é algo máis que un espectador... un colaborador necesario que tanto pode meterse na pel dun personaxe coma exercer de dedo acusador... o público será desencadeante directo na resolución dos feitos.

ELENCO: Fran Campos, Fran Ameixeiras, Fran Rei
ADAPTACIÓN: Xosé Lueiro
ESCENOGRAFÍA: R.T.A.
DESEÑO SON: Xosé Dacosta
DESEÑO ILUMINACIÓN: Xosé Dacosta
VESTIARIO: Acontrabutaca
MÚSICA: Acontrabutaca
DIRECCIÓN: Xosé Lueiro coa colaboración de David Ottone
[<]


GRUPO:
OS IRMÁNS LUMIEIRA
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
O fantabuloso cine ambulante
dos Irmáns Lumieira

DRAMATURXIA: OS IRMÁNS LUMIEIRA
LUGAR: AUDITORIO
HORA: 23’00
DURACIÓN: 90 MINUTOS
TARIFA: 5 €

O fantabuloso cine ambulante dos Irmáns Lumieira é o proxecto co que estes 3 irmáns, fillos dun oriúndo de Corcubión e criados en París, percorren as vilas e cidades galegas ilustrando ao público local sobre o grande invento da modernidade: o cinematográfo.
A súa historia familiar, a evolución no descubrimento do cine e a proxección de novidades de primeiros do século XX canto a cinema mudo: Harold Lloyd e Buster Keaton, entre outros, configuran o contido do espectáculo. Humor e música son os ingredientes que completan a proposta escénica.

 

ACTORES: Carlos Meixide (Irmán maior), Tomás Lijó (Irmán mediano), Suso Alonso (Irmán pequeno)
ESCENOGRAFÍA: Natasha Elenco
ATREZZO: Pepe Penabade
VESTIARIO: Víctor Mosqueira
MAQUILLAXE: Natasha Elenco
MÚSICA: Suso Alonso
GUIÓN: Carlos Meixide e Tomás Lijó
PRODUCIÓN: Tomás Lijó e Ana Triñanes
DISTRIBUCIÓN: Pistacatro e Ana Triñanes
DIRECCIÓN: Víctor Mosqueira
[<]