Obtener Adobe Flash Player Obtener Adobe Flash Player
Programa

 

[top]
sábado 9

GRUPO
ELEFANTE ELEGANTE
PROCEDENCIA
GALICIA
ESPECTÁCULO
In
AUTORA
MARÍA TORRES
LUGAR
AUDITORIO
HORA
20’30
TARIFA
3€

Un espectáculo sensitivo e universal que indaga a representación contemporánea da figura social. A súa poesía visual nace da fusión do teatro coa danza, o video e as artes plásticas.
«In» significa dentro en inglés e «to be in» quere decir estar na moda. IN xurde da ambivalencia entre o ser e o parecer. O de dentro como a nosa identidade e o de fóra o aspecto que podemos manipular, disfrazar e cambiar. O confronto do interior coa aparencia. Somos o que parecemos? Somos ou só parecemos?
A acción desenvólvese ao redor da celebración dunha voda. A actitude afectada e hipócrita dos noivos e convidados esgótase rapidamente para dar lugar a comportamentos de envexa e ciumes cun pseudo ideal de beleza como pano de fondo.


ELENCO-BAILARÍNS: Alfredo Muiño, Angela Blanco, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Nuria Sotelo
DRAMATURXIA E ESPAZO ESCÉNICO: Gonçalo Guerreiro
DESEÑO DE LUCES: Octavio Mas
TÉCNICO DE LUCES: Dani Pais
VÍDEO-CREACIÓN: Masako Hattori
VESTIARIO E ATREZZO: María Chenut
SON: Germán Gundín
DIRECCIÓN: María Torres
[<]

 

 


GRUPO
PALCO PIEF, PROXECTO DE FORMACIÓN EN TEATRO E CIDADANÍA
PROCEDENCIA
COVILHÂ, PORTUGAL
ESPECTÁCULO
Passagem de nível
AUTORES
RUI ESPINHO, TURMA PIEF DA EB2/3 DO TEIXOSO
LUGAR
CAMPUS (SALA MULTIUSOS, EDIFICIO DE FERRO)
HORA
23’00
TARIFA
2€

Ás veces, a anguria toma conta de nós. E o mundo péchanos na crueldade dos outros. E os outros son o noso fardo. Que pesa. Pesa máis que o mundo. Ser aceitado ou ser rexeitado pode marcar toda a diferencia e marcarnos coa indiferencia. Dos outros. De nós. Dos que nos son queridos e dos que son descoñecidos.
E se houbera sempre uma saída branca, clara e luminosa? E se houbera sempre redención? E se tiveramos oportunidade de correxir os nosos comportamentos, parar os nosos medos, escorrentar os nosos monstros da infancia… nos outros, cos outros e para os outros?


ELENCO:Diogo Nave, Filipa Fonseca, Jorge Correia, Mário Nogueira, Paulo Canhoto, Paulo Rodrigues, Pedro Amorim, Vera Fernandes
PRODUCIÓN: ASTA
PRODUCIÓN EXECUTIVA: Carmo Teixeira, Sérgio Novo
DESEÑO GRÁFICO - REALIZACIÓN MULTIMEDIA: Alfredo Santos, Anselmo Pinheiro, Jorge Correia, Pedro Amorim
ESCENOGRAFÍA: Carla Correia, turma PIEF
DESEÑO DE LUZ: João Cantador, Rui Pires
VESTIARIO: Carla Correia, turma PIEF
ACCESORIOS E ATREZZO: Rui Bulha, turma PIEF
OPERACIÓN DE VÍDEO: Alfredo Santos
FOTOGRAFÍA ORIXINAL: Rui Espinho
DIRECCIÓN: Rui Pires
[<]