Obtener Adobe Flash Player Obtener Adobe Flash Player
Programa

 

[top]
xoves 7

GRUPO
SOLTIS LAJOS SZÍNHÁZ (TEATRO SOLTIS LAJOS)
PROCEDENCIA
CELLDÖMÖLK, HUNGRÍA
ESPECTÁCULO
Álomevök
(OS COMEDORES DE SOÑOS) Teatro non verbal
AUTORES
TEATRO SOLTIS LAJOS E RITA DEÁK VARGA
LUGAR
AUDITORIO
HORA
20’30
TARIFA
3€

Soños, soños, soños de cativos. Que excitante era pensar na nosa nenez que non eramos os únicos cativos e que medrariamos. Que excitante meter os nosos pés nos zapatos de mamá ou papá, ou poñer as súas roupas. Ou agocharnos no armario e escoitar o silencio de dentro e os ruídos de fóra. Agora temos o noso armario cheo de estraños recendos teatrais. Podemos atopar algúns tesouros ocultos, lembranzas dos bos tempos pasados. Por sorpresa os anxos saen e fan os seus exercicios diarios. E daquela unha neniña vólvese moza. Cantas mozas e mozos. Como cambian! E mira, un xinete de circo sae despois, toca o violín e ela está aprendendo como voar entrenando aos homes... Somos como somos agora -os eternos cativos- e temos que aprender a loitar polo noso lugar na web das condicións humanas. Aquel cativo aínda está vivo e soña dentro de nós, dalgún xeito. Tivemos que aprender a usar a mazá do desexo, como xogar con iso, como compartir, como enfrontar as tentacións. Debemos ter a esperanza de que poidamos evitar comer os nosos soños...

ELENCO: Ecsedi Csenge, Marton Mercédesz, Horváth Viktória, Nagy Zsuzsi, Pilnay Sára, Ziembicki Dóra, Benko Péter Pál, Bruckner Roland, Károly Bálint, Kazári András, Marton Márió, Nagy Péter, Pesti Arnold
DIRECCIÓN: Rita Deák Varga
[<]

 

 


GRUPO
TEATRO DE ADRO
PROCEDENCIA
GALICIA
ESPECTÁCULO
Ai Carmela
DRAMATURXIA
NATE BORRAJO E TITO ASOREY A PARTIR DA OBRA DE JOSÉ SANCHIS SINISTERRA
LUGAR
TEATRO PRINCIPAL
HORA
23’00
TARIFA
3€

Galicia, inverno do ano 1938, dous cómicos, Carmela e Paulino, son arrestados polo bando nacional e obrigados a realizar unha función para celebrar a vitoria na Batalla do Ebro ante un público onde están presentes varios mozos condenados á morte. Paulino, co seu afán de supervivencia, aceptará facela, pero Carmela, nun xesto que ten máis que ver co seu propio sentido da xustiza e de solidariedade cos fracasados que cun fervor político, remata por non aceptar as ordes dadas, o que supón a súa morte. A obra estrutúrase a través das aparicións de Carmela, xa defunta, a un Paulino que tentará seguir vivindo coa súa derrota.

ELENCO: Josito Porto (PAULINO), Melania Cruz (CARMELA)
MÚSICA EN DIRECTO: Sabela Dacal
ESCENOGRAFÍA E ILIMINACIÓN: Afonso Castro
VESTIARIO E ATREZZO: Teatro de Adro, Escénate
MAQUILLAXE: Teatro de Adro
DESEÑO GRÁFICO: José Lameiras
FOTOGRAFÍA: Alfonso Blanco
TRADUCIÓN: Nate Borrajo
AUXILIAR DE DIRECCIÓN: Nate Borrajo
DIRECCIÓN: Tito Asorey
[<]