Obtener Adobe Flash Player Obtener Adobe Flash Player
Programa

 

[top]
luns 4

GRUPO
LEO BASSI
PROCEDENCIA
EEUU - ITALIA
ESPECTÁCULO
Utopía
AUTOR
LEO BASSI
LUGAR
AUDITORIO
HORA
20’30
TARIFA
5€

Coma o Fénix que renace das súas cinzas, a palabra Utopía volveu ao noso léxico político despois de décadas de ostracismo. No curto lapso de tempo duns meses, a caída do modelo económico ultraliberal e o descrédito total do sistema bancario que o apoiaba creou un baleiro ideolóxico que reabre o debate sobre a esencia da nosa sociedade.
En UTOPÍA hai un argumento que Bassi foi formando ao longo destes últimos anos: A falta de paixón de todos os partidos da Esquerda institucionalizada, non só en España senón en toda Europa. Algúns pensan que facer un espectáculo cómico falando de utopías e «metendo caña» ao sistema político é un despropósito cando a función da comicidade é fundamentalmente facer rir. Pero hai un público disposto a superar o riso convencional e a explorar todo o seu potencial filosófico como o demostra a aceptación actual da figura do pallaso e particularmente a do BUFÓN como símbolo dunha revolución posible.
O que é seguro é que ¡UTOPÍA! sorprenderá pola frescura das súas ideas escénicas e sobre todo, pola súa postura política sen complexos que anticipa con claridade a chegada dun novo HUMANISMO RELATIVISTA, mal que lle pese á caverna conservadora.


ELENCO: Leo Bassi

[<]