Obtener Adobe Flash Player Obtener Adobe Flash Player
Programa

 

[top]
xoves 14

CHARLA
O teatro en Marrocos e no norte de África. A situación actual
[top]PARTICIPA
ABDELLAH CHAKIRI
PROCEDENCIA
CASABLANCA, MARROCOS
LUGAR
LIVRARÍA TORGA
HORA
19’00
TARIFA
LIBRE

Abdellah Chakiri é actor de teatro, cine e televisión. É director, dramaturgo e profesor teatral. Director do FITUC (Festival Internacional de Teatro de Casablanca) que programa cada ano grupos de todo o mundo, facendo fincapé especial nos grupos do norte de África.
[<]

 

 


GRUPO
AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
PROCEDENCIA
GALICIA
ESPECTÁCULO
Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz
AUTOR
ADAPTACIÓN DE ROBERTO SALGUEIRO DE «LOS GATOS» DE AGUSTÍN GÓMEZ
LUGAR
TEATRO PRINCIPAL
HORA
20’30
TARIFA
2€

Érase unha vez, no ano 1959, nunha vila galega dúas irmás agardaban a chegada da súa sobriña Marina. Así empeza este conto, que non é de princesas nin de perdices, máis ben de mulleres e de gatos.
«Historia de Pura e Angelita» é un conto sobre un país asfixiado pola intolerancia, un pequeno divertimento grotesco que trata de reflexionar sobre unha realidade que, malia a distancia no tempo, se cadra non está tan afastada e aínda se acocha detrás dos mobles, no escuro dos armarios ou na humidade dos faiados das nosas casas.


ELENCO: Carla Capéans (PURA), Bea Méndez (ANGELITA), María Munín (AURORA), Cristina Amboage (LOLIÑA), Ana Conde (ROSA), Inma Vila (MARINA), Roi Méndez (FERNANDO)
DESEÑO DE ESPAZO ESCÉNICO, FIGURINOS E ILUMINACIÓN: Roberto Salgueiro
REALIZACIÓN VESTIARIO: Clotilde Vaello
MAQUILLAXE E PEITEADOS: Bea Méndez
IMAXE DO CARTEL: Elena Tinickaya
ASISTENCIA TÉCNICA: Raúl Giraldo (RTA)
ASISTENCIA DE PRODUCIÓN E DIRECCIÓN: Roi Méndez
ADAPTACIÓN LITERARIA E DIRECCIÓN: Roberto Salgueiro

[<]

 


PELÍCULA
Cómicos
PROCEDENCIA
ESPAÑA
DIRECCIÓN
ANA PÉREZ E MARTA ARRIBAS
LUGAR
CINE BOX
HORA
20’30 e 23’00
TARIFA
4€ (Non é válido o pase da MITEU)
COLABORAN
OUFF OURENSE FILM FESTIVAL e CINE CLUBE PADRE FEIXOO

Retrato dunha xira da Compañía Benavente, grupo itinerante especializado no teatro de repertorio. Os seus actores contan as grandes satisfaccións do seu traballo, todas elas moi afastadas da fama. «Cómicos» é unha viaxe ao mundo do espectáculo en estado puro, unha road movie documental que segue a eses artistas que levan toda a vida adicada ao teatro e que se converteron na voz da experiencia.

ANO: 2009
DURACIÓN: 120 min.

[<]