Obtener Adobe Flash Player Obtener Adobe Flash Player
Programa

 

[top]
venres 1

GRUPO
ROSAURA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 1)
PROCEDENCIA
GALICIA
ESPECTÁCULO
O Teatro... Onde?
LUGAR
PARQUE DE SAN LÁZARO, RÚA DO PASEO E XARDÍNS PADRE FEIXOO
HORA
19’00
TARIFA
LIBRE

Atrapados no seu propio pensamento e no espazo urbano, personaxes con distintas identidades evolucionarán na procura de elementos teatrais para dar vida ás súas emocións.
A súa procura levaralles a atopar unha imaxe acorde coa súa personalidade, textos para dar coas palabras precisas e accións provocadoras de sentimentos, nun espazo transformado e baixo as diferentes olladas dos directores de escena.


ELENCO: Nerea Álvarez, Laura Fernández, Noemí Pardo, Alba Núñez, Antonio Bardelás, Carmen Goyanes, Chiara Lazzaretto, Adriana Seara, Alba Baños, Elba Fernández, Iván Davila, Jorge Menero, Marcos López, Mª Teresa Fernández, Samuel Loureiro, Carla Macieira, Marcos Vázquez, Antonio José Moreiras, María Garrido, Pablo Pinés, Nuria Rodríguez
IDEA ORIXINAL E DIRECCIÓN:Sabela Gago
[<]

 

 


GRUPO
LES TRIPLES CROCHES
PROCEDENCIA
LYON, FRANCIA
ESPECTÁCULO
Jamais Deux Sans Trois
(NON HAI DOUS SEN TRES) Circo musical burlesco
AUTOR
LES TRIPLES CROCHES, ROGER BORIES
LUGAR
TEATRO PRINCIPAL
HORA
20’30
TARIFA
3€

Os tres personaxes do espectáculo tratan un problema social buscando o equilibrio no seo da súa relación que se articula ao redor da música.
Unha relación de autoridade que xira e vai á deriva rapidamente porque a determinación do xefe e a presión dos seus cómplices provoca accidentes e situacións burlescas inspiradas na comicidade do absurdo como o cine mudo de Chaplin, as caídas de Buster Keaton e mesmo a loucura e a poesía dos personaxes de La Strada.


ELENCO: Matthieu Pratz (ALBERTO), Arnaud Landoin (JACOB), Gregory Dias (ISAAC)

ILUMINACIÓN E REXIDURÍA XERAL: David Antore
DISTRIBUCIÓN: Frédéric Navarro
DIRECCIÓN: Roger Bories
[<]

 


GRUPO
AULA DE DANZA CAMPUS DE OURENSE, MIRIAM CENTRO DE DANZA DE OURENSE, AULA DE DANZA DA UDC E ESPAZO DE DANZA DA USC DE LUGO
PROCEDENCIA
GALICIA
PEZAS
Anclaje, Ellas, Rede na rede e Próxima estación
LUGAR
AUDITORIO
HORA
23’00
TARIFA
2€

ANCLAJE: Ancorar o corpo, o espazo, o pensamento. Os puntos que fixan o movemento, liberan o movemento, fan existir outros mundos posibles.
ELLAS: A personalidade a través do movemento.
REDE NA REDE: Cada segundo no mundo oito persoas fanse usuarios de Facebook, así ata 500 millóns. ¿Quen dá máis? As redes sociais en internet son un dos medios de comunicación máis utilizados na actualidade en todo o mundo. Os modos de uso que lles damos crean novos modelos de relacións humanas. A Aula de danza da UDC presenta este ano unha peza creada en conxunto polos integrantes da mesma.
PRÓXIMA ESTACIÓN: Unha viaxe que leva as raíces por maleta, pasando polo estado de globalización que nos envolve. Afirmando que nos queda un alento de esperanza. Móvenos á necesidade de sentido e sensibilidade. A viaxe non remata: próxima estación… a súa parada.

ELENCO
ANCLAJE: Iago Bernárdez, Sandra Alén, Andrea Cid, Ana Octavio De Toledo, Anxela González, Patricia Varela, Raquel Álvarez, Lorena Dasilva, Daniele Tommasini, Erika Fernandez
ELLAS: Andrea Delgado, Adriana Feijoo, Sara Maslanka, Sandra Novoa, Ester Paredes
REDE NA REDE: Águeda Castro, Alfonso Sangiao, Eva Fórneas, María José Conde
PRÓXIMA ESTACIÓN: Rosa Acuña, Kamila Paganelli, Lola Fernández, Mar Freire, Yasmina Ietum, Marta Prada
DIRECCIÓN / COREÓGRAFOS
ANCLAJE: Traspediante: Marta Alonso Tejada, Begoña Cuquejo Suárez
ELLAS: Miriam Rodriguez
REDE NA REDE: Rut Balbís
PRÓXIMA ESTACIÓN: Juan Carlos Zahera
[<]