ir arriba
 

ENTREGA DE PREMIOS "CARLOS COUCEIRO" DA XV MITEU

LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
XURADO Carlos Rafael, Alfonso Míguez, Galicia Gutiérrez "Gali", Eva Tato, Raquel Penín

PREMIO DO ESPECTADOR
PREMIO DO XURADO
PREMIO DA MITEU


A organización da MITEU decide outorgar o premio da MITEU 2010 a BENITO LOSADA, iniciador, instigador, organizador, axente cultural desta cidade.
Ademais do Outono fotográfico, as Xornadas de Banda Deseñada e tantas e tantas cousas, como director da Casa da Xuventude acolleu o nacemento de multitude de grupos teatrais. Sen eses espazos para os partos non serían posibles fermosas criaturas teatrais.

GRUPO MARICASTAÑA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE

PROCEDENCIA GALICIA

TEATRO-CIRCO ODISEA ESPACIAL

LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20'45
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTOR
Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir das novelas "2001" e "2010" de Arthur C. Clarke
ELENCO
María Díaz, Natalia Forjan, Héctor Martínez, Daniel Alves, Esteban Puebla
ESCENOGRAFÍA E LUZ
Suso Díaz
PROXECCIÓNS
Diego Blanco
VESTIARIO E COMPLEMENTOS
Tegra
CARTEL E PROGRAMA
Pablo Otero
DESEÑO MUSICAL, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
Fernando Dacosta

ODISEA ESPACIAL é a primeira incursión de "Maricastaña" na ciencia-ficción.
Clarke constrúe unha magnífica odisea nos seus libros (a primeira parte levada ao cine por Kubrick) na que nos remonta aos nosos antepasados homínidos para explicar a orixe da intelixencia e a evolución do ser humano.
O monolito é a porta das estrelas e simboliza a forza dunha intelixencia máis aló do noso sistema solar. A vida é diferente noutros confíns, é o dominio sobre a materia, e a intelixencia é a enerxía que domina o tempo e o espazo.
Una reflexión sobre a nosa existencia na inmensidade do cosmos...