ir arriba
 

PRESENTACIÓN DO LIBRO
AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (1991-2010) E MITEU (1996-2010).
20 ANOS DE TEATRO UNIVERSITARIO. 15 ANOS DE MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

LUGAR SALÓN DE GRAOS. EDIFICIO DE HUMANIDADES. CAMPUS
HORA 12 ’00

GRUPO TRES MAGOS

PROCEDENCIA CASTELA-LEÓN

TEATRO-CIRCO TRESMAGOS@.SON

LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20'30
TARIFA 3€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
Romondi, Quique e Carlini

Espectáculo de maxia protagonizado por tres ilusionistas co único obxectivo da diversión e o asombro do público.
Dividido en tres partes, cada un dos magos amosa o mellor de sí, unidos todos por diferentes sketch máxicos repletos de humor.
Móstranse diferentes especialidades de ilusionismo: maxia cómica, maxia musical e incluso maxia de close up.

Noventa minutos para soñar. Señoras e señores: "pasen e vexan".

GRUPO MARIO DE MEZAPA

PROCEDENCIA HONDURAS

ESPECTÁCULO CONCERTO "DE SUCIAS, CADEJOS Y CUCURUCHOS"

LUGAR SALA MULTIUSOS-CAMPUS
HORA 23'00
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
CANTANTE E AUTOR
Mario de Mezapa

Hai máis de 50 anos, en Mezapa, Atlántida Honduras, naceu Mario Ernesto Castro. Coñecido artisticamente como Mario de Mezapa, un singular cantautor que provén do interior de Honduras e que ofrece unha ollada crúa e honesta dunha realidade que é allea ao escritor de cidade, unha poesía nacida do pobo e que desde o pobo se entende, aprecia e goza.