ir arriba
 

GRUPO GRETUA. UNIVERSIDADE DE AVEIRO

PROCEDENCIA AVEIRO - PORTUGAL

ESPECTÁCULO TWELFTH NIGHT (NOITE DE REIS)

LUGAR AUDITORIO
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTOR
William Shakespeare
DIRECCIÓN
Luís Moura
ELENCO
Berta Oliveira, Bruno Almeida, Catherine Oliveira, Daniela, Hélio Almeida, Joana, Luís Cunha, Mike Silva, Ricardo Correia, Rita Camões, Rita Carmona, Salvador Campos
PRODUCIÓN
GrETUA
LUZ
Carla Silva
SON
Luís Moura
ESCENOGRAFÍA
GrETUA

Esta é unha peza sobre o Amor. A acción ocorre nunha atmosfera divertida na que varias parellas se atopan.
Orsino ama profundamente a Olivia e encarga a Cesario facerlle a Corte. Mais Cesario é na realidade unha muller e o seu nome é violeta. Ironicamente, Olivia namora de Cesario que sendo muller é quen de deixarse envolver polos encantos do duque. Alén deste trío amoroso tamén aparecen os criados da casa de Olivia e o seu tío Tobías. Eles van crear varias situacións para ridiculizar a Malvólio, o mordomo, que non se sabe divertir nin aceptar a diversión dos outros. Shakespeare lidia de forma maxistral nesta peza con cuestións de amores non correspondidos, afectos imposibles, identidades falsas, e leva o enredo cómico a un final feliz!

GRUPO LES PETITS DETOURNEMENTS

PROCEDENCIA FRANCIA

TEATRO-CIRCO L'ATELIER DES PETITS MACHINS TRUCS
(O TALLER DOS PEQUENOS CHISMES)

LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23'00
TARIFA 3€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
Gaël Lefeuvre, Francis Thevenin, Justin
ESCRITA E POSTA EN ESCENA
Les petits détournements
COMPOSICIÓN MUSICAL
Les petits détournements
CARTEL
Les arts verts et compagnie
FOTOS
MeLo
AXUDA Á REALIZACIÓN GRÁFICA DE COMUNICACIÓN
L Comme Unique
OLLADA EXTERIOR
Joan Lescop

Espectáculo de circo musical: malabarismos, música, maxia, manipulación de obxectos, acrobacia.

Imaxinade unha acrobacia en forma de escabela, un tubo de baño que serve de percusión, paraugas transformados en pao do diaño, mazas de malabarista en forma de regadeiras, unha "carretilla" na que se toca a batería "Gaëtan, dixeramos que iamos recoller!" É así como comeza todo e como remata todo neste circo absurdo mecano fantasmagórico. É a historia de Antoine e Gaëtan, un é tímido, realmente bloqueado, lento e hipocondríaco, o outro é encantador, vacilón, hiperactivo e narcoléptico.

Hoxe teñen un gran proxecto: recoller o seu taller. Isto pode parecer simple mais cando o xogo e o absurdo dirixen as vidas, entón todo é sempre complicado.
A recollida vólvese deseguida accesoria e cada obxecto préstase ao xogo do: "podo facelo mellor ca ti".

Lanzan, recuperan, colocan en equilibrio, fan desaparecer e fan xirar o mínimo obxecto ao seu alcance. Do circo á música, da música ao circo, un só principio: reapropiarse estes obxectos da vida de todos os días.