ir arriba
 

GRUPOTEATRO UNIVERSITARIO DE ALICANTE

PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA

ESPECTÁCULO SÓLO UN PEQUEÑO AUMENTO

LUGAR AUDITORIO
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTOR
Xogo teatral de Juan Luis Mira a partir de "O aumento" de G. Perec
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
Juan Luis Mira
ELENCO
Efman Schaffer, Marina Hernández, Mario Hernández, Celia Martínez, Ana Sandoval, Ana Polo, Leti Garrigós, Noemí Peidró, Josi Alvarado, Fran Peris "Keyto"
ESPAZO ESCÉNICO
Inés caballero e Andrea Meliveo
VESTIARIO
Esther Ruiz
PERRUQUERÍA
Gumer Manzano
ASESORÍA E DOCUMENTACIÓN
Javier Mansanet
COORDINACIÓN TÉCNICA
Jordi
DESEÑO LUMINOTÉCNICA
Jordi e Jaun Luis Mira
AXUDANTE DE DIRECCIÓN
Santi García
FOTOGRAFÍA E DESEÑO CARTEL
Dani Sirvent

Din que xa están contadas todas as historias, que o que nos queda é, nin máis nin menos, contalas de distinto xeito. Tan antigo coma o ser humano é a súa aventura por sobrevivir e abrirse paso no labirinto vital que lle tocou en sorte. Por exemplo, imaxinemos que simplemente a un de nós se lle pasou pola cabeza pedir un aumento de salario ao seu xefe de quenda... Aí comeza unha historia - entre a aventura e a desventura - que todos coñecemos aínda que, probablemente, nunca nola contaran desa maneira...

GRUPO GRUPO DEL AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE BURGOS

PROCEDENCIA CASTELA - LEÓN

ESPECTÁCULO MARJANE

LUGAR CAMPUS - CAPELA
HORA 23'00
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTOR
BASEADO NA NOVELA GRÁFICA "PERSÉPOLIS" DE MARJANE SATRAPI, BAIXO A ADAPTACIÓN DE JUAN LUIS SÁEZ
DIRECCIÓN
Juan Luis Sáez
ELENCO
Sara Abad, Camille Azambourg, María Burguera, José Abelardo Carmona, Pedro Ángel Cuevas, Isabel Galerón, Daniel Garabito, Steven Jiménez, Tine Limet, José Antonio Ruiz.
MÚSICA
Garbito
ESPAZO ESCÉNICO
Taller del Aula de Teatro
ILUMINACIÓN
José Antonio Pereda
DESEÑO GRÁFICO
Iratxe Uriarte.

A iraniana Marjane Satrapi relata as súas memorias persoais desde a nenez á madurez nun aclamado cómic pola súa sinceridade e claridade expositiva. Nese longo espazo de tempo os cambios políticos, sociais, e incluso ideolóxicos mistúranse cos seus cambios persoais, sobre todo no difícil período da adolescencia.
A vida, con toda a súa forza, amósase nas distintas pasaxes de Persépolis, rexurdindo con maior ímpeto cada vez que as duras circunstancias que provocan a situación do seu país (revolución islámica, integrismo, guerra con Irak…) golpean o seu desenvolvemento como persoa. Nacida dentro dunha familia progresista e acomodada, vese na obriga de marchar para seguir estudando en Viena, soa, no medio dunha cultura allea á súa. Volve a Teherán onde estudia arte na universidade, entre as dificultades que o integrismo provoca na vida civil. A volta definitiva a Francia marca o peche dunha época y o comezo doutra onde empezará a desenvolver a súa vida profesional.