ir arriba
 

PARTICIPAN MEMBROS DO GRUPO TEATRAL BAMBÚ,
MEMBROS DE ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ

PROCEDENCIA HONDURAS

CHARLA SOCIEDADE E CULTURA EN HONDURAS

LUGAR LIVRARÍA TORGA
HORA 19’00
TARIFA LIBRE


Como está Honduras 10 meses despois do golpe de estado?

GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

PROCEDENCIA GALICIA

ESPECTÁCULO RINOCERONTE NO CAMIÑO

LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20'30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTOR
CREACIÓN COLECTIVA DA AULA DA CORUÑA 09-10
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
Rubén Ruibal
ELENCO
Mónica Suárez Casal, Lucía de Querol, Iago Iglesias, María Fernández Verdía, Patricia Doce, Bibiana Buján, Teresa Rodríguez Limas

AXUDANTE DE DIRECCIÓN
Laura Mariño Sánchez
AUXILIAR DE DIRECCIÓN
María Polo Piñeiro
ILUMINACIÓN
Afonso Castro
VESTIARIO E MAQUILLAXE
Dolores Pernas
MÚSICA
Koroiev, www.myspace.com/koroiev
PROXECCIÓNS
Fagot y Popota, www.myspace.com/fagotypopota
PRODUCIÓN
Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña
DESEÑO GRÁFICO
Julia Núñez

Nun futuro indefinido, un grupo de peregrinos que volvían ós seus lugares de orixe ou vagaban sen rumbo aparente polo Camiño de Santiago interpretando fragmentos de Rinoceronte de Eugène Ionesco e outras historias peregrinas son detidos e presos sen motivo coñecido. Mentres van declarando diante da autoridade, lembran as circunstancias que os levaron alí tecendo unha historia trufada de mentiras e verdades, de recordos e desmemorias. Nesa prisión, por medio de invencións, de momentos de absoluta sinceridade e de declarada mentira, reconstrúen os seus Camiños de Santiago, con idas e voltas, e as circunstancias que os levaron ata alí, e vense enfrontados por forza, mesturando imaxinación e realidade, ó seu lado monstruoso e ó seu lado humano. Ou se cadra, todo ocorre na cabeza dA Informadora, desempregada e sen patria dende que o seu quiosco de novas e o seu país foron esnaquizados pola Grandísima Guerra.

GRUPO BAMBÚ

PROCEDENCIA HONDURAS

ESPECTÁCULO HISTORIAS Y MÁS HISTORIAS

LUGAR AUDITORIO
HORA 23'00
TARIFA 2€
COLABORA CINE CLUBE PADRE FEIJOO

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTORES
Edgar Valeriano, Leonardo Montes de Oca
ELENCO
Mariano Rodríguez e Edgar Valeriano

Espectáculo de narración oral escénica, baseado nunha recompilación de diferentes autores e historias que acontecen nos nosos países latinoamericanos.

Hai homes que toman as historias e dan as súas vidas para ir de pobo en pobo contando tristuras e repartindo alegrías. Vémolos pasar sen saber quen son ou vémolos vir e énchennos de satisfacción ao saber que coa súa chegada, chegan historias doutros pobos.
Tamén sabemos que cando marchen han levarnos coas súas historias. Ás veces quixeramos que nunca deixaran de relatar historias, que son as nosas historias. Vémolos nas prazas, nun corredor, nunha barraca, nos campos de cultivo baixo a sombra dunha árbore, ás veces nos teatros, nos comedores, no camiño real, nas cantinas, no atrio dunha igrexa.
Aí poden escoitarse os risos, mirar os rostros intrigados, calados e atentos de nenos e nenas, mozos, adultos e anciáns. Eses seres máxicos que nos enchen de imaxinación e que nos provocan soños, non son outros que os contacontos.