ir arriba
 

GRUPO AULA DE DANZA DE LA UNIVERSIDAD DE EXTREMADURA

PROCEDENCIA EXTREMADURA

ESPECTÁCULO BÚSQUEDAS (NOVEL DANZA 2)

LUGAR AUDITORIO
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTOR
Pablo Molero
ELENCO
Lost Object
Diana Amado, María Sánchez, Vicente José Bermejo, Cesar Hernández, Álvaro Sevilla
Ausencia
Diana Amado
Todos hacemos el mismo viaje
Beatriz Morales, Cristina Rodríguez, David García, Elena Ruiz, Evelyn Ocón, Jesús Sánchez, María Elisabel Arnelas, Marina Guerrero, Miguel Pérez
Un día perfecto: Diana Amado, María Sánchez, Vicente José Bermejo, Cesar Hernández, Álvaro Sevilla

ILUMINACIÓN
Rubén Camacho
COLLAGE MUSICAL

Pablo Molero
VESTIARIO
Pablo Molero
DESEÑO GRÁFICO E VÍDEO

Juan Francisco Blanco
PRODUCIÓN
Aula Danza UEx

DIRECCIÓN E COREOGRAFÍA
Pablo Molero

O espectáculo está composto de varias partes de danza contemporánea que se desenvolveron en torno ao programa formativo coreográfico que leva a cabo a UEx.
LOST OBJECT parte da seguinte premisa: a función da interpretación, a ollada sobre a mensaxe que tento transmitir, é potestade exclusiva de quen recibe a mensaxe Que temos que atopar cando creamos unha coreografía?
AUSENCIA: Unha emoción sobre a presencia do que non está, que significa tanto para quen a vivencia.
TODOS HACEMOS EL MISMO VIAJE: Unha muller, unha moneca nas mans dun home. Un grupo ao redor desa manipulación. Todos facemos a mesma viaxe... senón a moneca volverá caer.
UN DÍA PERFECTO: Un día perfecto hai que crealo. Trátase de ollar o mundo doutro xeito. Descubrir que o perfecto depende de nós. Que en realidade non existe e sen embargo, a perfección é unha ilusión breve, tanxible e necesaria que só aparece cando somos conscientes da súa existencia.

GRUPO LA COCINA TEATRO

PROCEDENCIA EL SALVADOR

ESPECTÁCULO EL SECRETO MÁS TERRIBLE

LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23'00
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTOR
EDUARDO PAVLOVSKY (Versión a partir do seu texto "Potestad")
ACTOR
René Lovo
ASISTENCIA DE DIRECCIÓN
Pamela Palenciano Jódar (España)
ASISTENCIA TÉCNICA E ATREZZO
Natalia Domínguez
DESEÑO GRAFICO
Víctor Rodríguez
ILUMINACIÓN
René Lovo.
DIRECCIÓN
René Lovo

Facendo un reconto de cada un dos detalles que ocorreron a tarde da fin de semana, na que dous individuos chegaron a súa casa e raptaron á súa filla, a súa única filla, o personaxe vainos introducindo no pasado máis remoto e persoal, onde el e a súa muller protagonizan unha historia que non foxe da realidade política que marcou as súas vidas para sempre. Unha obra que pon no fondo do relato o problema da verdade e a identidade das persoas en desequilibrio coa xustiza. Unha narrativa fragmentada e labiríntica.