ir arriba
 

GRUPO AULA DE TEATRO DE PONTEVEDRA

PROCEDENCIA GALICIA

ESPECTÁCULO ECLIPSES

LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 18’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTOR
Manuel Lourenzo
DIRECCIÓN
Salvador del Río
ELENCO
Sara Abilleira Crespo, Sara Barcia Portela, Tamara Calvo Porrúa, Silvia Fernández García,Verónica López Rielo, Beatriz Piñeiro Serantes, Eva Rodríguez Calvar, Sandra Souto Gontad, Óscar Tosar González
ESCENOGRAFÍA
Julia Abal
VESTIARIO
Sonia Rúa
AXUDANTE DE DIRECCIÓN
Sante Cortegoso

ECLIPSES é un título xenérico para una colección de pequenas pezas teatrais que van dende unha mirada irónica ao ambiente que envolve a escena en “A PREA”, pasando polos ECLIPSES propiamente ditos (breves apuntamentos sarcásticos sobre a vida social, artística e pública en diversos momentos da historia) ata a “CRÓNICA FUNESTA DE ALEMPARTE”, experiencias dos que cruzaron o río e sen embargo continúan no empeño de protagonizar todas as emocións humanas. Un teatro sen revestimentos nin adornos, indirecto como a propia vida, nado dunha profunda vocación desestabilizadora....

GRUPO AULA DE TEATRO DE VIGO

PROCEDENCIA GALICIA

ESPECTÁCULO RESIDUOS

LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20'30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTORES
Lluisa Cunillé, María Zambrano, Suso De Toro, William Shakespeare, Xavier Lama
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
Pepa Barreiro
ELENCO
Aaron Domínguez Eguia, Alex Paz Domínguez, André Fernández González, Cristelle Lory, Hadrián Grille Negreira, Pablo Fernández Medina
SELECCIÓN MUSICAL, VESTIARIO, ESCENOGRAFÍA, TRADUCIÓN
Aula de Teatro U. V. Campus Vigo

“O Mito” foi o tema do que partimos. Durante o traballo fómonos atopando con ecos, con resóns, con rumores deses desexos e temores que son comúns ao xénero humano de todos os tempos e condicións. E estes “RESIDUOS” que colleitamos e reciclamos son, con palabras prestadas, os que conforman este espectáculo.

DOCUMENTAL LA VIDA LOCA

PROCEDENCIA EL SALVADOR

NACIONALIDADE ESPAÑA, FRANCIA, MÉXICO

LUGAR AUDITORIO
HORA 23'00
TARIFA 2€
COLABORA CINE CLUBE PADRE FEIJOO

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
DIRECCIÓN
Christian Poveda

Durante case un ano e medio, o director Christian Poveda foi quen de se infiltrar nunha das chamadas maras salvadoreñas, "pandillas" que se enfrontan entre sí con gran violencia, integradas por mozos tatuados da cabeza aos pés e que se dedican principalmente á extorsión, ao roubo e ao tráfico de drogas.

Na colonia La Campanera, en Soyapango, "La vida loca", filmada con cámara ao ombro, recolle a vida cotiá de membros dunha das principais agrupacións "pandilleras" de El Salvador, La Mara 18, que se caracteriza por ter a súa propia linguaxe, tatuaxes, códigos e elevados niveis de agresividade, violencia e criminalidade. Esta "pandilla" e a Mara Salvatrucha, iguais unha e a outra en crueldade, impulsadas pola negación de todo e a morte, viven unha guerra sen piedade. Algúns destes mozos foron asasinados no transcurso da gravación, tal e como amosa o documental...

O seu director, Poveda, foi asasinado a tiros hai tan só uns meses en El Salvador.
In memoriam