ir arriba
 

GRUPO TUP (TEATRO UNIVERSITÁRIO DO PORTO)

PROCEDENCIA PORTO - PORTUGAL

ESPECTÁCULO ALAN

LUGAR AUDITORIO
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
TEXTOS
Anabela Sousa, Daniel Viana, Emanuel Santos, Inês Gregório, Miguel Lemos, Nuno Matos, Teresa Queirós, António Júlio e Tom Waits
ELENCO
Anabela Sousa, Daniel Viana, Emanuel Santos, Inês Gregório, Miguel Lemos, Nuno Matos, Teresa Queirós
VESTIARIO
Rute Moreda
DESEÑO DE LUZ
José Nuno Lima (Visualight)
ESPAZO ESCÉNICO
Rute Moreda, António Júlio
PERCUSIÓN
Francisco Quaresma
DIRECCIÓN - COORDINACIÓN - MONTAXE
Visualight Espectáculos Lda.
TÉCNICO DE LUZ
Silvana Alves (Visualight)
TÉCNICO DE SON
Eduardo Abdala (Visualight)
APOIO TÉCNICO
Eduardo Brandão
CONSTRUCIÓN
Emanuel Santos
DESEÑO GRÁFICO
Emanuel Santos
DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN
Gonçalo Gregório / TUP
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA
António Júlio

Un home de chapeu escribe. Outro observa. A pequena danza pola sala facendo soar o seu corpo contra os obxectos. Un chisqueiro que non funciona. As pernas da muller alta móvense moi lentamente. Os zapatos son vermellos. Ela está enriba da mesa. El óllaa sorrindo. Ela despídese e chora. Un home toma conta doutro home. O rapaz non consegue ollar para adiante. Dous cans ladran e calan. Tres persoas paradas, case inmóbiles. Outras tres, moi bébedas, procuran atinar co paso. Unha voz dentro dunha copa baleira. Alguén ameaza con matarse. Alguén acaba por morrer. Alguén morto deambula polos lugares. Alguén vivo espera coma se estivese morto. As cancións de berce ao oído do atormentado. Ela sabe ben o que quere. El non consegue dicir o que sente. Os obxectos, os vestidos, os cigarros e o viño. A cadeira baleira. A boca sen voz. Os pequenos pasos descalzos. O son das moedas no chan. As memorias que se atopan nos bolsos. O inferno por enriba. Deus por abaixo.
O universo de Tom Waits - as súas músicas, as súas palabras e, sobre todo, os seus personaxes - é o punto de partida para o espectáculo que o TUP leva a escena. Unha visión das súas pantasmas, dos locais que habitan e das súas emocións.