ir arriba
 

ACTIVIDADE PARALELA PRODUCIDA E ORGANIZADA POLA RADIO GALEGA E O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO CO PATROCINIO DA AGADIC

ESPECTÁCULO GALA IV PREMIO "DIARIO CULTURAL" DE TEATRO RADIOFÓNICO

LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Nate Borrajo, Tito Asorey, Josito Porto, Suso Díaz, Fernando Dacosta
RESPONSABLE DA REALIZACIÓN SONORA
Iván Nogueira
DIRECTORA DO DIARIO CULTURAL DA RADIO GALEGA
Ana Romaní
XEFA DE PROGRAMACIÓN DA RADIO GALEGA
Gloria Ferreiro
DIRECCIÓN DAS OBRAS
Ánxeles Cuña

O xurado do IV Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico decidiu por maioría outorgarlle o galardón desta edición á obra Indoor, de Vanesa Martínez Sotelo. O premio da audiencia foi para O vento da illa, de Begoña García Ferreira.
O xurado estivo composto por Ánxeles Cuña, directora de teatro e dramaturga; Ana Romaní, directora do "Diario Cultural" da Radio Galega; Ruben Ruibal, dramaturgo e co-autor da obra gañadora na anterior edición; María Paredes, coordinadora de programación da AGADIC e Camilo Franco, crítico teatral.
O xurado subliñou "a escrita contemporánea da obra gañadora, Indoor, así como a orixinalidade do texto cun ritmo medido e marcado para o tempo esixido e a súa linguaxe expresiva e poética na que destaca tamén o manexo da síntese".
As tres obras finalistas -Indoor, de Vanesa M. Sotelo; O vento da illa, de Begoña García Ferreira e Nunca me esquecerei de ti de David Rodríguez Rodríguez- publícanse nun libro-cd, editado por Xerais. A presentación deste libro e a entrega do premio ten lugar no seo dunha nova edición do Espazo Radioescénico, que este ano se desenvolve no Teatro Principal de Ourense.
As tres finalistas emitíronse en diferentes programas da Radio Galega entre o 8 e o 21 de marzo.
O Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego co patrocinio da AGADIC, procura fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato de teatro radiofónico.

AUTOR JOSITO PORTO

PROCEDENCIA GALICIA

ESPECTÁCULO LARETANDO CON JOSITO

LUGAR CAFÉ AURIENSE
HORA 23'00
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ACTOR Josito Porto

Os galegos somos como somos porque nos peta.