GRUPO GRUPO DE TEATRO UPNA (UNIVERSIDAD PÚBLICA DE NAVARRA)
PROCEDENCIA NAVARRA
ESPECTÁCULO PRESAS
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
AUTOR
Ignacio Del Moral e Verónica Fernández
DIRECCIÓN Óscar Orzaiz Resano
ELENCO Ana Artajo Ayensa, Jaione Ayerra Mangado, Imanol Casqueiro Sánchez, Leire Chivite Martínez, María Espinazo Lapeña, Iker Fernández Aldaba, Amaia Huarte Goicoechea, Ariane Irure Álvarez, Clara Juliani Martínez, Ion Martinkorena Arróniz, Covadonga Peralta Álvarez, Aroa Pérez Esteller, Diego Rousselón de Croisoeul, Leire Sánchez Larequi, Carolina Vázquez Arjonilla
ILUMINACIÓN E SON Javier Urtasun Larrat
DESEÑO DE CARTEL Martinko
ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO UPNA
MÚSICA ORIXINAL Javier Urtasun Larrat
COREOGRAFÍA Virginia Oroz
Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non tan afastado ou incluso nun presente a poucos kilómetros daquí. Non conta simplemente a vida nun cárcere de mulleres hai varias décadas. Conta moito máis. Historias moi particulares que, desgraciadamente e moi ao noso pesar, están de actualidade: violacións, asasinatos, maltratos... están presentes en moitas das historias das nosas presas, que non só renden contas diante da lei, senón que tamén o fan diante do seu corazón, a súa alma e a súa desesperación. Historias que penetran de noite e de día entre as reixas dun frío cárcere, para non deixar descansar o seu atormentado pensamento.
Presas é unha homenaxe a todas aquelas persoas que sufriron as miserias da posguerra, pero especialmente a elas, mulleres, nais, amantes, fillas, irmás, compañeiras dun mundo inxusto que nos fai sacar o peor de cada unha. Nós, desde o máis profundo respecto, quixemos representar a vida deste cárcere marcada polo odio, a miseria, a vinganza, o frío e, sobre todo, a arela de liberdade.
Esperamos que gocen, que rían, que choren e, sobre todo, que non permitan que isto volva suceder.
GRUPO YLLANA
PROCEDENCIA MADRID
ESPECTÁCULO ZOO
LUGAR AUDITORIO
HORA 23'00
TARIFA3€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA AUTOR
Yllana
IDEA ORIXINAL, CREACIÓN E DIRECCIÓN
Yllana
DIRECCIÓN ARTÍSTICA
Juan Francisco Ramos e David Ottone
ELENCO César Maroto, Juan Francisco Dorado, Susana Cortés e Rubén Hernández
ESPAZO ESCÉNICO Yllana
EFECTOS DE SON
Jorge Moreno “Milky”
DESEÑO DE SON Luis López de Segovia
ASESORAMENTO MAXIA Willy Monroe
VESTIARIO Gabriela Salaverri
DESEÑO DE LUCES Juan A. González
CONSTRUCIÓN DE ATREZZO 4D Escenografía
AUDIOVISUAIS Ramón Sáez / COREOGRAFÍA: Carlos Chamorro
XEFE TÉCNICO Ismael García /
No máis profundo da xungla, uns intrépidos e chalados exploradores enfrontan a máis insensata das aventuras. A súa misión é capturar un exótico animal en vías de extinción para o zoo dunha grande cidade. Os continuos despropósitos dos protagonistas desencadearán unha esperpéntica epopea visual na que o entorno, aparentemente paradisíaco, é quen de converterse nunha trampa chea de estraños animais. Aves, mamíferos, réptiles e insectos farán a vida imposible aos heroes da expedición.
Yllana presenta un espectáculo para todos os públicos, aplicando esta vez a súa persoal visión cómica do mundo ao eterno conflito entre o home e a natureza. No seu afán por seguir investigando no teatro do xesto, a compañía profunda con Zoo no tema da animalización e a recreación da natureza salvaxe, ideas que xa estiveron presentes noutros espectáculos de Yllana, aínda que sempre con elementos illados. En Zoo ninguén poderá fuxir das poutas do riso. Que comece a aventuraaa!!!
|