ir arriba
 

GRUPO ROSAURA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE

PROCEDENCIA GALICIA

ESPECTÁCULO AS PEZAS DO XADREZ (ENTRE A VIDA E A MORTE)

LUGAR PARQUE DE SAN LÁZARO - RÚA DO PASEO - PRAZA DE SAN MARTIÑO
HORA 19’00
TARIFA LIBRE

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
Ana Álvarez González, Alba Fernández Sande, Noelia Rodríguez Pereira, Rebeca Feijoo Romero, Luisa Romero Cid, Virginia Nespereira Picouto, Eva Rodríguez Alonso, Daniela Vidal Cuiñas, Josete Novoa Fernández, Tania Fernández Afonso, Beatriz Meijomil Fernández, Marta Gago Otero, Carmen Lago Yañez, Nerea Álvarez Araujo, Laura Fernández Afonso, Lorena Rodríguez Garrido, Alicia Fraga Liste, Isabel Rodríguez Ramos, Lorena Dasilva Campos
MÚSICA - APOIO DESFILE
Tarumba, Aula de Teatro Universitaria de Ourense grupos "Cordelia" e "Maricastaña"
FOTOGRAFÍA
Suso Díaz
IDEA ORIXINAL E DIRECCIÓN
SABELA GAGO

Brancas e negras, as pezas do xadrez conquistarán distintos espazos da cidade, nun xogo trepidante entre a vida e a morte.

GRUPOCARLOS BLANCO - ABADA TEATRO

PROCEDENCIA GALICIA

ESPECTÁCULO

LUGAR AUDITORIO
HORA 20'30
TARIFA3€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ACTOR
Carlos Blanco
ILUMINACIÓN E SON
Daniel Juncal
ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO
Abada Teatro
DIRECCIÓN
Carlos Blanco

Só. No camiño.
Carlos Blanco afronta un novo reto: falar do Camiño. Con Humor: A onde van os peregrinos de medio mundo a toda velocidade? Que presa teñen? Que fan as Capelas do Camiño pechadas se a restauración das mesmas faise con cartos de todos? Por que hai tanto lixo nas cunetas? Hai sexo no camiño? Que entendemos polo "Camiño do Francés"? Cantos/as fan o Camiño por fe ou inquedanzas relixiosas? É o camiño a Fisterra un "bis" do de Compostela? Prisciliano ou o Apóstolo Santiago? Estas e outras preguntas quedarán novamente sen resposta, pero habemos botar unhas risas, claro, porque o Camiño de Santiago pode ter tantas lecturas coma posibilidades hai de facelo. Existen servizos de traslado de mochilas. Hai viaxeiros VIP, naturalmente, e excelentes Casas de Turismo rural ao dispor dos/as viaxeiras. De todo iso fala Só. Un percorrido que remata en Compostela (ou en Fisterra, se o público quere).
Un campo de estrelas, un diálogo aberto con outros mundos, unha homenaxe ao Mestre Gila, un espazo de liberdade e creatividade para tempos incertos. Todo iso e máis é "Só". Humor e Hip Hop, rotas Satánicas e Carballeiras, atascos e dores de pernas, bicicletas e pintadas. E a hostalería. Sempre. Todo iso é "Só". Un espectáculo imprescindible para este Xacobeo que nos ven, unha visión nova de algo eterno. O/Os Camiños a Compostela.